Home A Coruña A Xunta recupera en Ames o BIC da Ponte de Augapesada, creando...

A Xunta recupera en Ames o BIC da Ponte de Augapesada, creando un punto de repouso no Camiño Fisterra-Muxía

- Anuncio -

― A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou os traballos executados ao abeiro das axudas de 2021 para o embelecemento do Camiño

― Ata o 23 de marzo está aberto o prazo para solicitar de novo estas axudas, dotadas con 1,5M€ e das que se poden beneficiar concellos e particulares

― O Concello de Ames foi un dos beneficiarios desta liña de apoio, o que permitiu investir 24.000 euros neste municipio

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do alcalde de Ames, José Blas García, visitaron esta mañá as obras de embelecemento no Camiño Fisterra-Muxía ao seu paso por este muncipio e que supuxeron a recuperación e posta en valor da ponte romana de Augapesada e da súa contorna, un recurso turístico declarado BIC no que se investiron algo máis de 24.000 euros, dos que a Xunta asumiu 15.000.

A obra fíxose ao abeiro da liña de axudas do Goberno galego para actuacións de mellora paisaxística e de embelecemento de bens e recursos que se atopan na contorna do Camiño de Santiago, que ven de convocarse de novo. Dotada co mesmo importe que o ano pasado, 1,5M€, os beneficiarios poderán ser municipios ou particulares que deberán solicitar a axuda a través da sede electrónica da Xunta antes do 23 de marzo, puidendo optar a unha subvención de ata o 75% do investimento subvencionable ata un máximo de 15.000 euros no caso de concellos e ata 10.000 euros para as solicitudes de particulares.

Tal e como lembrou a directora de Turismo de Galicia durante a súa visita a Ames, coa convocatoria desta axuda, a Xunta mantén a súa aposta por ofrecer a mellor imaxe do Camiño e de Galicia en xeral neste Xacobeo 21-22 no que “avanzamos nun Camiño mellor sinalizado, con máis puntos de descanso e de acollida, máis accesible e sostible e tamén máis seguro, co obxectivo de seguir dicindo a España e ao resto do mundo que é tempo de camiñar a Galicia e que Galicia é un destino seguro”.

Camiño Fisterra-Muxía
O Concello de Ames foi un dos 31 municipios que se beneficiaron desta liña de axudas na convocatoria do ano pasado, aos que se suman 56 particulares, o que permitiu executar actuacións en todos os interarios e nas catro provincias galegas.

No caso do Concello de Ames, os traballos consistiron na limpeza, retranqueo e recuperación da ponte romana de Augapesada, acondicionamento do cauce de auga, renovación de mobiliario coa instalación dun banco de pedra e instalación de iluminación atendendo a criterios de eficiencia enerxética co obxectivo de realzar a ponte.

O conxunto dos traballos, segundo destacou a directora de Turismo de Galicia, permitiu recuperar un recurso turístico de primeira orde e mellorar o atractivo do Camiño Fisterra-Muxía neste punto, un Camiño que o ano pasado percorreron algo máis de 800 peregrinos que recolleron a Compostela, aos que se suman moitos outros que seguen camiñando despois de chegar á tumba do Apóstolo, ben en dirección á Fisterra ou ben cara o Santuario da Virxe da Barca.

Relacionadas

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

A Xunta investirá máis de 7,5 millóns de euros na retirada dos residuos da...

0
— Ángeles Vázquez explicou que as actuacións previas comezarán a próxima semana e que as obras de escavación e extracción do material para o...

Román Rodríguez anuncia que o alumnado do Instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras...

0
— Salienta a envergadura da obra neste edificio histórico que cualifica como “unha das catedrais educativas que temos en Galicia” cun investimento de 4,7M€ —...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

José López destaca a “implicación e iniciativa” dos correspondentes xuvenís e avanza novas accións...

0
— O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita os mozos e mozas deste programa autonómico de transmisión da información xuvenil, que esta fin...

Publicacións Relacionadas