HomePontevedraA Xunta reforza a Axuda no Fogar para persoas en situación de...

A Xunta reforza a Axuda no Fogar para persoas en situación de dependencia coa concesión de 463.000 horas anuais máis para 32 concellos da provincia de Pontevedra

- Anuncio -spot_img

A Consellería de Política Social cofinanciará este aumento, determinado de oficio polos servizos técnicos en base á lista de agarda existente nos municipios pontevedreses, cun investimento global de 4,5 millóns de euros

Os concellos de Ponteareas, Pontevedra e Vigo son os que se benefician das maiores achegas, que permitirán potenciar esta teleasistencia por riba do 50%

A Xunta de Galicia vai reforzar, desde este mesmo ano, o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para persoas en situación de dependencia na provincia de Pontevedra, xa que vén de aprobar a concesión de 463.000 horas anuais máis desta prestación para un total de 32 municipios.

En total, estes concellos dispoñían, ao peche do pasado ano, de máis de 1,5 millóns de horas de teleasistencia para dependentes cofinanciadas pola Consellería e, coa nova resolución, aumentarán conxuntamente este SAF en máis dun 30% ata roldar os 2 millóns de unidades de atención domiciliaria.

O departamento autonómico destinará preto de 4,5 millóns de euros a cofinanciar este aumento da Axuda no Fogar nestes 32 municipios, o que supón que a provincia absorberá gran parte dos 10 millóns de euros que se destinan a esta medida de reforzo para a atención á dependencia en toda a comunidade. Deste xeito, Política Social elevará ata os 26 millóns de euros a partida do SAF para persoas dependentes na provincia de Pontevedra e alcanzará os 83 millóns en toda Galicia.

A Consellería determinou o incremento desta teleasistencia de oficio, a través da baremación realizada polos seus servizos técnicos, atendendo prioritariamente a aqueles concellos que contaban cunha maior lista de agarda co obxectivo de aumentar unha prestación que se fai máis necesaria polos efectos sociais derivados da crise sanitaria da covid-19.

Pontevedra e Vigo, os más beneficiados
En termos absolutos, os concellos de Vigo e Pontevedra son os máis beneficiados desta medida, xa que verán reforzado os seus servizos con 220.872 e 63.108 horas, respectivamente. Ademais, tamén destacan as concesións realizadas a Ponteareas, Moaña, O Porriño e Gondomar, que superan o engadido das 15.000 horas anuais.

A capital da bisbarra do Condado, cun aumento do 65%, é a que recibe unha maior aportación porcentual, seguida dos municipios de Pontevedra e Vigo, que rebasan o listón do 50%, e de Moaña, O Porriño, Portas e Salvaterra do Miño, cun incremento de horas por riba do 20%.

Publicacións Relacionadas