Home A Coruña A Xunta reforza a dotación de equipamento dos GES de Brión, Avión...

A Xunta reforza a dotación de equipamento dos GES de Brión, Avión e Folgoso do Courel coa entrega de tres furgóns de emerxencias

- Anuncio -

― O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, fixo entrega hoxe de cadanseu vehículo 4×4 equipado para o transporte de auga na extinción de pequenos incendios e de material a intervencións en zonas de difícil acceso

― A Xunta destina case 270.000 euros na adquisición destes tres vehículos, unha achega que forma parte dun investimento de 1,5M€ para mellorar o material de 15 GES da comunidade

― O Goberno galego leva investidos nos últimos anos 21M€ en equipamento para os servizos de emerxencias, tanto os GES como as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, fixo entrega hoxe de cadanseu furgón 4×4 de servizos varios aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) con sede en Brión, Avión e Folgoso do Courel, que supón un investimento de case 270.000 euros -89.540 euros cada un- para reforzar o equipamento destes grupos. Ao acto tamén acudiron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), Marcos Araújo, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

Con esta entrega, a Xunta mantén o seu compromiso para dotar dos medios necesarios aos servizos de emerxencias da comunidade e, por tanto, que o servizo que prestan aos cidadáns sexa o máis eficiente posible, xa que son investimentos necesarios nun ámbito tan importante como a atención ás emerxencias co obxectivo de garantir algo tan fundamental como a protección e a seguridade da cidadanía.

Pese a tratarse dunha competencia local -dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos municipios de menor poboación- nos últimos anos o Goberno galego leva feito un investimento histórico que xa supera os 21 millóns de euros en material cedido aos concellos galegos, dos cales 7 millóns euros foron para os GES e 11 millóns euros para as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, que co seu traballo altruísta prestan un apoio fundamental aos servizos de emerxencias.

Aos 7 millóns euros destinados a equipar aos GES da comunidade desde a súa posta en marcha en 2013, súmanse neste ano outros 1,5 millóns en distinto material para 15 grupos, entre o que se atopan os 3 vehículos cedidos hoxe.

Neste caso, os tres furgóns permiten o transporte de auga para extinción de pequenos incendios, ao contar cunha cisterna de máis de 500 litros, e tamén material para servizos varios en intervencións en zonas de difícil acceso.

Así, mellorarán o seu equipamento o GES de Santiago-A Barcala, que ademais de Brión atende aos concellos de Ames e Negreira; o GES da zona Quiroga-Terra de Lemos con sede en Folgoso do Courel, e que tamén cubre os de A Pobra de Brollón, Quiroga e Ribas de Sil; xunto co GES da subzona O Ribeiro-Avión, con sede neste municipio e que tamén atende aos de Beariz e Boborás.

Diego Calvo destacou a necesidade de colaboración das administracións co obxectivo de dotar aos profesionais destes servizos do equipamento necesario co que garantir a súa seguridade nas súas intervencións e, por ende, a dos seus veciños.

Cómpre lembrar que ao mapa de emerxencias de Galicia incorporáronse o ano pasado o GES da Cañiza, A Lama e Mos/Redondela, en Pontevedra; A Veiga e Maceda, en Ourense; e o servizo municipal de emerxencias de Noia, no marco dun mesmo convenio entre Xunta, deputacións e concellos. Este ano, debido á decisión das Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra de rexeitar as melloras propostas pola Xunta, nestas 3 provincias manteranse as condicións actuais e na de Ourense aplicaranse nos seus 12 GES as melloras plantexadas en canto á cobertura das emerxencias en Galicia, nas condicións laborais e económicas dos GES existentes e no incremento dos cadros de persoal dos servicios de emerxencia que non contaban con 12 efectivos.

Relacionadas

O Centro Cultural Marcos Valcárcel achega a Ourense as “criaturas” do artista andaluz Fran...

0
O deputado de Cultura e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, participou na inauguración da mostra “39: De sur a norte en...

O goberno ribeirense apoia a veciñanza de Aguiño e solicita que Sanidade cubra todas...

0
Hoxe, diante do Concello de Ribeira produciuse unha concentración masiva na que se fixo entrega de máis de 2600 sinaturas para reclamar a presenza...

O Concello acorda con Augas de Galicia un prazo de seis meses para estudiar...

0
 O goberno municipal reuniuse a pasada semana co organismo autonómico e presentoulle as auditorías externas que analizaron o estado das redes de abastecemento...

Un total de 147 asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares acceden ás axudas...

0
— O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que...

O Concello completa a restauración do muíño do parque de Santa Margarida

0
A alcaldesa visitou a contorna para supervisar os traballos levados a cabo no enclave, un dos elementos etnográficos de maior relevancia do parque Inés Rey:...

Neda activará un programa para que a xente maior aprenda a quitarlle partido aos...

0
O Concello porá en marcha cursiños sobre competencias dixitais coa axuda da Deputación da Coruña O Concello de Neda reforzará, co apoio da Deputación da...

Publicacións Relacionadas