Home Lugo A Mariña Occidental A Xunta reforza a dotación de equipamento dos GES de Friol, Cervo...

A Xunta reforza a dotación de equipamento dos GES de Friol, Cervo e Moraña coa entrega de cadanseu vehículo bomba urbana lixeira

- Anuncio -

― O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, fixo entrega hoxe das tres unidades, especialmente adaptadas para ser utilizadas en terreos con zonas de paso estreitas

― A Xunta destina 450.000 euros á iniciativa, unha achega que forma parte dun investimento de 1,5M€ para mellorar o material de 16 GES da comunidade

― O Goberno galego leva investidos nos últimos anos 21M€ en equipamento para os servizos de emerxencias, tanto os GES como as Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, fixo entrega hoxe de cadanseu vehículo Bomba Urbana Lixeira (BUL) aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) con sede en Friol, Cervo e Moraña. A Xunta inviste 450.000 euros na dotación, con 150.000 euros destinados a cada un dos vehículos. Ao acto tamén acudiron o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias.

Na súa intervención, o vicepresidente segundo destacou que con esta entrega, “a Xunta mantén o seu compromiso para dotar dos medios necesarios os servizos de emerxencias da comunidade”. “Trátase así de reforzar a eficiencia do seu labor, co obxectivo de garantir algo tan fundamental como a protección e a seguridade da cidadanía”, engadiu.

Diego Calvo referiuse tamén ao investimento histórico realizado polo Goberno galego nesta liña de acción, con máis de 21 millóns de euros en material cedido aos concellos galegos para os GES e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil “ a pesar de tratarse dunha competencia local, dos concellos de máis de 20.000 habitantes e das deputacións provinciais nos municipios de menor poboación”.

Deste total, aos GES destináronse, desde a súa posta en marcha en 2013, un total de 7 millóns de euros. A eles súmanse este ano outros 1,5 millóns en material diverso para 16 grupos, entre o que se atopan os tres vehículos cedidos hoxe.

Con capacidade para tres persoas e adaptadas para ser utilizadas en terreos con zonas de paso estreitas, as Bombas Urbanas Lixeiras entregadas vanlles facilitar aos respectivos concellos o transporte de auga para a extinción de pequenos incendios, ao contar cunha cisterna con capacidade para 1.260 litros.

Preto de 20 concellos beneficiados
Así, mellorarán o seu equipamento o GES da zona Friol-Palas, que ademais de Friol atende os concellos de Begonte, Guitiriz, Outeiro de Rei e Palas de Rei; o GES da zona A Mariña Central e Occidental, con sede no concello de Cervo e que tamén cubre os de Alfoz, Burela, Foz, O Valadouro e Xove; xunto co GES da zona Ulla-Umia, con sede en Moraña e que inclúe ademais Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Catoira, Cuntis e Portas.
Cómpre lembrar que ao mapa de emerxencias de Galicia incorporáronse o ano pasado o GES da Cañiza, A Lama e Mos/Redondela, en Pontevedra; A Veiga e Maceda, en Ourense; e o servizo municipal de emerxencias de Noia, no marco dun mesmo convenio entre Xunta, deputacións e concellos.

Este ano, debido á decisión das Deputacións de Lugo, A Coruña e Pontevedra de rexeitar as melloras propostas pola Xunta, nestas 3 provincias manteranse as condicións actuais e na de Ourense aplicaranse nos seus 12 GES os cambios en canto á cobertura das emerxencias en Galicia, nas condicións laborais e económicas dos GES existentes e no incremento dos cadros de persoal dos servicios de emerxencia que non contaban con 12 efectivos.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas