HomeOurenseA Xunta reforza o apoio á valorización, ecoinnovación e dixitalización da industria...

A Xunta reforza o apoio á valorización, ecoinnovación e dixitalización da industria forestal-madeira

- Anuncio -spot_img

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, visita en Ramirás (Ourense) as instalacións do serradoiro Mosquera Villavidal

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, salientou hoxe que a Xunta está a reforzar o seu apoio á industria forestal-madeira cunha liña de axudas específica para fomentar a valorización, segunda transformación, a ecoinnovación de produtos forestais e á dixitalización neste sector e que ascende a preto de 4,5 millóns de euros de orzamento.

Fernández Ríos visitou as instalacións da Mosquera Villavidal, unha empresa familiar cun século de historia profesional dedicada á transformación da madeira, que iniciou a súa actividade coma serradoiro e que co do tempo foi evolucionando á fabricación doutros produtos de madeira complementarios como a fabricación de pelets ou madeira con tratamento para uso en exterior.

Este serradoiro galego recibiu axudas da Axencia Galega da Industria Forestal que superan os 300.000 euros destinadas a fomentar os investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento e comercialización de produtos forestais e para a segunda transformación da madeira.

Axudas Xera-Valor

Finalmente, o director lembrou que as empresas interesadas poden solicitar ata o vindeiro 1 de agosto as axudas Xera-Valor destinadas á dixitalización, segunda transformación ou contract e que ofrecen apoios máximos de entre 60.000 e 250.000 euros.

Trátase dunha liña de apoios, polo tanto, que dá resposta a unha das principais demandas das asociacións do sector, dixo Fernández Ríos, que tamén subvenciona os investimentos que poidan facer os serradoiros para dotarse dos sistemas de tratamento térmico da madeira que exixe a normativa fronte ao nematodo do piñeiro.

Publicacións Relacionadas