HomeXunta de GaliciaA Xunta reforza o compromiso coa visibilidade e dinamización das prazas de...

A Xunta reforza o compromiso coa visibilidade e dinamización das prazas de abastos no marco da celebración da campaña “Quere o teu mercado”

- Anuncio -spot_img

— O titular do Goberno galego destacou que, no que levamos de ano, o 28% dos visitantes procedían de fóra das nosas fronteiras

— Aposta por apoiar a internacionalización do sector turístico, “unha parte moi importante da nosa economía”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o compromiso do Goberno galego coa promoción internacional de Galicia como destino turístico de calidade. Rueda, que se atopa realizando unha etapa do Camiño de Santiago, sinalou que “Galicia é cada vez máis coñecida fóra”, destacando que, no que levamos de ano, o 28% procedían de fóra do noso país.
O xefe do Executivo autonómico subliñou a importancia de “apostar polo turismo”, un sector que definiu como “unha parte moi importante da nosa economía”, e apelou ao modelo sostible e ordenado que defende a Xunta como clave de futuro.
Rueda convidou tanto a galegos como españois e visitantes foráneos a descubrir Galicia neste mes de xuño, para que desfruten “da nosa forma de vivir doutra maneira, con calidade, con tranquilidade, con estas paisaxes e con hospitalidade”. “Este mes é perfecto para visitarnos porque non hai tanta xente como no verán”, matizou.
Segundo os últimos datos, no que levamos de ano case 1,4 millóns de persoas se aloxaron en Galicia, un 3,7% máis que en 2024. Medra tamén o número de noites, que rexistra un incremento do 2,5% ata as 2,3 millóns de pernoctacións. Finalmente, compre salientar que o nivel de demanda internacional é o máis alto da historia, con 653.000 noites de visitantes procedentes de fóra das nosas fronteiras.

Publicacións Relacionadas