HomeXunta de GaliciaA Xunta reforza o programa Investigo con 738.000 euros adicionais ás pequenas...

A Xunta reforza o programa Investigo con 738.000 euros adicionais ás pequenas e medianas empresas

- Anuncio -spot_img
  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se materializa esta acción co fin de incrementar o seu impacto na contratación de mozos e mozas como investigadores, tecnólogos, persoal técnico e outros perfís especializados en I+D+i
  • Abrirase un novo prazo de solicitudes a partir de mañá 9 de xullo ata o 8 de agosto
  • Isto posibilitará a contratación de 33 novas persoas mozas por parte de empresas que estean a desenvolver iniciativas de investigación e innovación que se sumarán ás preto de 130 contratadas xa este ano ao abeiro da convocatoria
  • Ademais, ampliarase en máis de 468.000 euros o crédito da orde Primeira Experiencia Profesional
  • Estas iniciativas enmárcanse na futura Estratexia transversal Mocidade Activa, cun orzamento de 20M€ no relativo á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se redistribúen arredor de 738.000 euros adicionais ás pemes no marco do Investigo co fin de incrementar o seu impacto na contratación de mozos e mozas como investigadores, tecnólogos, persoal técnico e outros perfís especializados en I+D+i. A orde contempla dúas modalidades: unha para pequenas e medianas empresas e outra para centros de investigación e esta redistribución realízase co crédito sobrante dos centros de I+D+i, unha vez pechado o prazo de solicitudes o pasado mes de marzo e atendidas as solicitudes.

O programa Investigo, dotado con máis de 4,8 M€, ten como obxectivo impulsar a contratación de mozas e mozos como investigadores, tecnólogos, persoal técnico e outros perfís especializados en I+D+i.

A redistribución nesta iniciativa permite abrir un novo prazo de presentación de solicitudes, que será desde mañá 9 de xullo ata o 8 de agosto de 2025, e isto posibilitará a contratación de 33 novas persoas mozas por parte de empresas que estean a desenvolver iniciativas de investigación e innovación. Estas persoas sumaranse ás preto de 130 contratadas xa este ano ao abeiro da convocatoria.

As persoas beneficiarias —de entre 16 e 30 anos— deben estar en situación de desemprego. As axudas oscilan entre os 22.405,92 e os 33.108,84 euros por persoa, en función do módulo aplicado, cubrindo os custos laborais e salariais. Os contratos son indefinidos e a tempo completo, cun período máximo subvencionado de 12 meses.

Futura Estratexia mocidade activa

Ademais deste reforzo do programa investigo, tamén está prevista a ampliación en máis de 468.000 euros do crédito da orde da iniciativa de primeira experiencia profesional —aberta ata o 30 de setembro— co obxectivo de atender o maior número posible de solicitudes e contribuír á retención do talento da mocidade en Galicia, ao tempo que se atenden as demandas do tecido empresarial.

Ambos programas forman parte da batería integral de accións autonómicas para fomentar o emprego xuvenil. A futura Estratexia mocidade activa na que traballa a Xunta abarca este tipo de medidas e está dotada con 20 M€, soamente por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250708/AnuncioG0767-250625-0001_gl.html

Publicacións Relacionadas