Home Xunta de Galicia A Xunta reitera a necesidade de que os concellos contribúan a impulsar...

A Xunta reitera a necesidade de que os concellos contribúan a impulsar un mapa aeroportuario galego coherente que garanta a competitividade

- Anuncio -

— A directora xeral de Mobilidade e o director de Turismo de Galicia participaron na reunión do Comité de Rutas onde apelaron a que AENA adopte máis medidas que beneficien a todos os aeroportos galegos


— Recordan a aposta que está a facer o Goberno autonómico por atraer viaxeiros a través de efectivas políticas de promoción cun investimento de 12M€

A directora de Mobilidade Judit Fontela, e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participaron hoxe na reunión do Comité de Rutas aeroportuarias onde reiteraron a necesidade de que os concellos de Santiago, A Coruña e Vigo contribúan a impulsar un mapa aeroportuario coherente que garanta a competitividade dos tres aeroportos. Neste sentido recordaron que a solución non pasa por que a Xunta de Galicia financie voos, senón pola coordinación de forma conxunta e á planificación de rutas.

Tamén apelaron a que AENA, como ente xestor, adopte máis medidas que beneficien a todos os aeroportos galegos, cunha actividade máis repartida e recordaron que o Goberno autonómico xa financiou no pasado diferentes rutas e agora é momento coordinar a elaboración dun mapa de rutas sen duplicidades que respecte as prioridades e preferencias das cidades.

Convivencia co AVE
No encontro púxose de manifesto a efectividade da política turística da Xunta, que está a permitir un importante crecemento do turismo internacional, que supón a día de hoxe xa o 30% da demanda hoteleira, os niveis máis elevados da serie histórica. Neste sentido, reivindicaron o traballo constante do Goberno autonómico por atraer viaxeiros a través de efectivas campañas de promoción nas que se invisten 12M€ que permiten incentivar a marca Galicia como destino turístico e así o seguirá a facer no futuro.

Recordaron, ademais que o Goberno autonómico ten trasladado de forma reiterada ao Goberno de España a necesidade de adoptar medidas que resulten axeitadas para garantir a viabilidade e competitividade dos aeroportos galegos, tendo en conta o impacto do AVE, para poder adaptar o sistema aeroportuario a ese escenario, tendo en conta a alta dependencia dos aeroportos galegos con Madrid.

Pasaxeiros nos aeroportos
No encontro fíxose mención aos últimos datos de AENA que revelan que nos primeiros 10 meses deste ano 2024 rexístrase un leve descenso do volume de pasaxeiros nos aeroportos de Galicia en relación ao pasado ano, do 0,8%. Así rexistráronse en preto de 5,1 millóns de pasaxeiros nos tres aeroportos da comunidade, a segunda cifra máis elevada da serie histórica deste período. Supera nun 12% o nivel acadado antes da pandemia, no acumulado a outubro de 2019.

Desta análise despréndese que o 62% do tráfico aeroportuario concéntrase en Lavacolla, que reforza o seu liderazgo en Galicia, acadando neste período de 10 meses preto de 3,2 millóns de pasaxeiros. O 38% restante repártese entre A Coruña, concretamente co 21%, e Vigo co 17% do total neste caso.

Como se indicou, os tres aeroportos presentan unha dinámica diferente neste ano. Soamente o aeroporto de Santiago consegue resultados positivos, superando nun 2,3% o volume de pasaxeiros do pasado ano. Alvedro presenta unha caída suave, do 2,1% mentres que Peinador amosa un descenso máis acusado, do 9,6% neste caso.

Desta maneira Lavacolla rexistra agora neste ano, cando menos ata o mes de outubro, máximos históricos de pasaxeiros. A Coruña consegue manterse por encima do millón de pasaxeiros mentres que Vigo fica por debaixo dos 900.000.

Relacionadas

A Xunta corresponde ao incremento de visitantes a Galicia reforzando e mellorando a calidade...

0
O director de Turismo de Galicia participou no acto de entrega de diplomas SICTED a empresas e servizos de Barbanza Arousa O director de Turismo...

Chega a Marín ‘Circo de Pinocho’, espectáculo de carpa para público familiar creado con...

0
A carpa de Circo de Pinocho, o novo espectáculo da compañía galega EducaTeatro producido con apoio á creación escénica da Xunta de Galicia, abrirá...

O encontro de Circo D10! volve contar co apoio da Xunta para unha novena...

0
— O Salón Teatro e a Cidade da Cultura de Galicia son dúas das sedes desta iniciativa que inclúe propostas híbridas de compañías de...

Rueda reafirma o compromiso da Xunta coa mocidade con máis oportunidades en emprego, educación...

0
 Destaca políticas autonómicas como a reserva do 40 % das novas vivendas públicas en alugueiro e do 25 % en venta para os...

A Xunta enxalza o traballo da entidade social IGAXES na integración dos menores en...

0
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica asistiu á inauguración da nova sede da organización na Coruña O director xeral de Familia, Infancia...

Jaime Pena, nomeado director da Filmoteca de Galicia

0
— O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude felicita persoalmente ao que ata agora era o programador da entidade — O equipamento, con sede na...

Publicacións Relacionadas