O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo; o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentaria, José Balseiros; e o delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participaron no tradicional Xantar da Terceira Idade do concello da Lama.
Durante a celebración, os representantes da Xunta puxeron en valor este tipo de celebracións que fomentan a confraternización dos maiores e a súa contorna, elementos fundamentais para garantir o envellecemento activo e saudable. Neste senso, lembraron a aposta do Executivo galego para ofrecer ás persoas maiores recursos e programas para mellorar a súa calidade de vida e facilitar que poidan pasar esta etapa das súas vidas nos lugares que escollan.