Home A Coruña A Xunta remata as obras de renovación da cuberta e mellora da...

A Xunta remata as obras de renovación da cuberta e mellora da envolvente térmica do Centro de Saúde de Mugardos

- Anuncio -

― O delegado da Xunta na Coruña, o xerente da área sanitaria de Ferrol e o alcalde de Mugardos visitaron o centro de saúde para comprobar o resultado da actuación

― Gonzalo Trenor destacou que desde o ano 2009, a Xunta de Galicia construíu ou reformou un total, con esta nova actuación, de 90 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre 75.000 metros cadrados

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo xerente da área sanitaria de Ferrol, Ángel Facio e polo alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, supervisaron esta mañá o remate das obras realizadas no centro de saúde de Mugardos que consistiron na substitución da carpintería exterior sen rotura de ponte térmica por unha carpintería con rotura de ponte térmica e novo acristalamento, baixo emisivo e con control solar nas fachadas sur e este e baixo emisivo nas fachadas norte e oeste, ademáis levouse a cabo a mellora térmica da fachada dispoñendo dun sistema de illamento térmico no exterior tipo SATE. A actuación contou cun orzamento de máis de 285.000 euros.

Trenor destacou que as obras realizadas contemplaron tamén a substitución da cuberta do edificio formada por plazas de fibrocemento en mal estado de conservación por unha cuberta plana transitable cun acabado de lousas illantes. Na planta baixa substituíronse as luminarias existentes de baixa frecuencia por luminarias led e levouse a cabo o pintado de todo o interior do centro. O proxecto tamén contemplou a redistribución da zona de acceso e do mostrador da administración.

O representante do Goberno autonómico subliñou que no que respecta á comarca de Ferrolterra Trenor destacou que o investimento total en obras de atención primaria na área de Ferrol desde 2009 ascende ata o momento de máis de 10,8 millones de euros e subliñou que para este ano 2021 está prevista tamén a realización de máis obras de reforma en centros de saúde a través dos convenios asinados cos concellos en Monfero e de Valdoviño.

O delegado da Xunta destacou que desde o ano 2009, a Xunta de Galicia construíu ou reformou un total, con esta nova actuación, de 90 centros de saúde, o que supuxo actuar sobre 75.000 metros cadrados. Xunto ás obras que están en marcha, o investimento da Administración autonómica nestes 12 anos suma preto de 120 millóns de euros en infraestruturas sanitarias de atención primaria.

Relacionadas

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Galicia gaña máis de 17.500 afiliacóns na comparativa anual e baixa o paro a...

0
― A cifra de persoas desempregadas, de 121.742, baixa tanto na evolución anual, como na mensual e en relación a novembro de 2023 a...

A Xunta advirte dun incremento dun 72 % dos avisos por ataques de lobo...

0
— Ángeles Vázquez celebra a decisión do Convenio de Berna de aprobar o cambio do estatus internacional do lobo en Europa de estritamente protexido...

Novos Cinemas pecha en Pontevedra o calendario anual de Festivais Audiovisuais apoiados pola Xunta

0
— O filme ‘La Parra’, que vén de ser galardoado na Seminci, protagonizará a sesión inaugural coa que arranca una programación na que destaca...

Galicia tramitará a súa propia lei de Meteoroloxía se o Goberno Central rexeita a...

0
— O Executivo galego avoga por aproveitar os datos punteiros que ofrece MeteoGalicia co fin de optimizar a efectividade das alertas meteorolóxicas e actuar...

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

Publicacións Relacionadas