Home Pontevedra O Salnés A Xunta renova 6 ecógrafos nos hospitais da Área Sanitaria de Pontevera...

A Xunta renova 6 ecógrafos nos hospitais da Área Sanitaria de Pontevera e O Salnés cun investimento de máis de 494.000 euros

- Anuncio -

― O Sergas instalou xa a totalidade do equipamento derivado das dúas licitacións realizadas o ano pasado para prover de ecógrafos varios servizos hospitalarios

Pontevedra-O Salnés, luns 19 de setembro de 2022-. proceso de renovación de 6 ecógrafos nos Hospitais da Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés mediante un investimento de 494.085,64 euros. En particular, a Xunta renovou cun ecógrafo respectívamente tanto ao servizo de Xinecoloxía do Hospital Provincial coma ao servizo de Urxencias do hospital Montecelo. Así mesmo, renovou outros catro ecógrafos nos servizos de Radiodiagnóstico dos hospitais Provincial e Montecelo. Tamén efectuou unha actualización do ecógrafo do servizo de Urxencias do Hospital do Salnés, coa implantación dunha nova sonda.

A Administración autonómica licitou o ano pasado dous contratos de subministracións: un para adquirir 48 novos ecógrafos para os servizos de radiodiagnóstico dos hospitais públicos galegos e un segundo para facerse con 16 ecógrafos destinados, na súa meirande parte, aos servizos de urxencias. Logo de formalizarse os contratos coas distintas empresas adxudicatarias a comezos deste ano 2022, os equipos están xa instalados.

As contratacións realizadas teñen achegado novo equipamento de ecografía á totalidade dos hospitais da rede pública galega, incluíndo os hospitais comarcais. Dita contratación responde ao obxectivo de potenciar a calidade da cobertura sanitaria á poboación das sete áreas sanitarias de Galicia, xa que a necesidade de realización de estudos ecográficos óptimos e de precisión nas distintas patoloxías ten un papel importante no seu prognóstico e seguimento.

Fondos europeos para renovación de tecnoloxía sanitaria
Estes contratos forman parte do proceso de renovación do equipamento sanitario emprendido nesta lexislatura e ao que a Xunta de Galicia destinou 60 millóns de euros nos Orzamentos do ano 2021, e máis de 90 nos Orzamentos do vixente ano 2022. En particular, o Goberno galego investiu máis de 4’3 millóns de euros na adquisición de 37 novos equipos radiocirúrxicos e adquiriu sete sistemas cirúrxicos robotizados Da Vinci, por un importe de 20,5 millóns de euros para as sete áreas sanitarias. Ademais, ven de adxudicar outro contrato por 1,4 millóns de euros para renovar un total de 97 lámpadas cirúrxicas no conxunto de hospitais públicos do SERGAS e está a piques de resolver outro por valor de 3 millóns de euros licitado en maio deste ano para substituír máis de 50 mesas cirúrxicas dos hospitais galegos que contan con máis de 15 anos de antigüidade.

Por outra banda, a Xunta está a tramitar este ano contratos por valor de máis de 60 millóns de euros destinados a canalizar os fondos Next Generation da Unión Europea para a renovación e ampliación de equipamento sanitario de diagnóstico por imaxe, radioterapia e medicina nuclear en todas as áreas sanitarias.

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen...

0
O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a...

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán

0
O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

O crítico literario e investigador Armando Requeixo estará en Mondariz para afondar na figura...

0
O Concello de Mondariz recibirá ao crítico literario, investigador en Humanidades e profesor Armando Requeixo este venres día 26 no marco do programa “Abril...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

Publicacións Relacionadas