Home O Condado Mondariz A Xunta renova a imaxe exterior do centro de día de persoas...

A Xunta renova a imaxe exterior do centro de día de persoas maiores de Mondariz

- Anuncio -

Financiáronse con 21.000 euros a rehabilitación das fachadas do inmoble e o pintado das estancias interiores

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe as obras realizadas no centro de día de Mondariz, pertencente á rede pública autonómica. Os traballos consistiron, entre outras melloras, na rehabilitación das fachadas do inmoble e tiveron un custo de preto de 21.000 euros financiados integramente pola Xunta de Galicia..

Perfecto Rodríguez, que estivo acompañado do alcalde do concello, Pablo Barcia, insistiu no compromiso do Executivo autonómico en seguir mellorando os seus centros de maiores para ofrecer os mellores coidados e atencións. Neste sentido, destacou que no de Mondariz renovouse o aspecto exterior do edificio, actuando nas fachadas e nas cubertas e que ademais pintáronse as zonas interiores. Tamén se mellorou o illamento do inmoble fronte a humidade.

Máis en concreto, limpouse e pintouse toda a fachada traseira con cor claro acorde coa contorna arquitectónica. Así mesmo, interveuse sobre a fachada de pedra natural, na que se aplicou hidrolimpeza e un tratamento hidrofugante co fin de incrementar o illamento fronte a humidade e a duración dos tratamentos de limpeza da pedra.

No interior do centro, pintáronse as diferentes estancias con cores claros para aumentar a súa luminosidade. Tamén se renovaron os paramentos inferiores en zonas de moito uso.

Relacionadas

A Xunta convoca o programa aprol economía social con 5M€ para impulsar o emprego...

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde 2025 destas achegas, que apoian a incorporación de socios ou traballadores e a quen se...

A Deputación é seleccionada por primeira vez no Japan World’s Tourism Film Festival co...

0
O vídeo foi seleccionado entre máis de 1.100 candidaturas de todo o mundo e inicia así o seu paso polo circuíto internacional de festivais...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou os concellos coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

O PP de Pontevedra denuncia o estado “lamentable” da Alameda

0
• Rey fai fincapé “nas árbores que, cada vez son menos, porque deixan os ocos das que tallan e non as volven plantar e,...

A Xunta lidera unha estratexía de impulso da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés coa que...

0
A planificación, liderada polo Executivo galego e co Instituto de Conservaçao da Natureza e Forestas de Portugal como socio, favorecerá o aspecto ambiental ao...

As Asociacións de entidades da economía social poderá solicitar desde mañá as axudas da...

0
O DOG publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas, dotada con 330.000 € para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de...

Publicacións Relacionadas