Home Lugo A Xunta resalta o éxito da iniciativa do Escape Room para difundir...

A Xunta resalta o éxito da iniciativa do Escape Room para difundir as rutas e os valores Xacobeos

- Anuncio -

― A directora de Turismo, Nava Castro, presentou hoxe no albergue de peregrinos de Samos xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o xogo de escapismo, que acollerá varias sesións da segunda fase desta iniciativa

― O programa xa se levou a cabo en Betanzos, Ourense e Vigo, para promocionar o Camiño Inglés, a Vía da Prata e o Camiño Portugués da Costa e agora centrarase no Camiño Francés

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o albergue Casa Forte de Lusío de Samos para presentar a iniciativa Escape Room Camiño de Santiago, enmarcada na programación do Xacobeo 21-22, que busca difundir os valores xacobeos arredor do Camiño de Santiago. Deste xeito, fomentarase o turismo familiar mediante un xogo de escapismo con diferentes probas para completar unha misión baseada nos coñecementos sobre a ruta xacobea e o Ano Santo.
Na súa visita a Samos, Nava Castro destacou o éxito desta iniciativa, con moitas solicitudes de participación, como unha “mostra da difusión cultural, deportiva, espiritual, de investigación ou incluso lúdica que se xera arredor do Camiño de Santiago”.

A directora de Turismo de Galicia tamén indicou que esta actividade pretende fomentar o traballo en equipo e o desenvolvemento de coñecementos no que se refire á ruta xacobea para todas as idades.

Este programa vense desenvolvendo durante as fins de semana, de venres a domingo, ao longo deste mes e rematará o 22 de maio. Tamén houbo sesións hoxe e outras mañá. Antes de chegar a Samos o escape room pasou xa por Betanzos, Ourense e Vigo para promocionar o Camiño Inglés, a Vía da Prata e o Camiño Portugués da Costa respectivamente. Agora o escape room no albergue de Lusío en Samos contribuirá a promover os valores xacobeos e o Camiño Francés.

Xa son 80 as sesións comprometidas, cunha hora de duración cada unha. Debido ao éxito desta iniciativa, a Xunta estudia o posibilidade de ampliala.
Os interesados en participar teñen que facelo en grupos de máximo seis persoas maiores de 6 anos e contan en todo momento cun director de xogos e un monitor. Para inscribirse só terán que enviar un correo electrónico ao enderezo lucusescaperoom@gmail.com. As solicitudes de inscrición deben presentarse na dirección de correo electrónico: inscripciónreservaslucusescaperoom@gmail.com.

Relacionadas

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

A Xunta convoca axudas por 1,63 millóns de euros para impulsar proxectos de conservación...

0
— Ángeles Vázquez anuncia que desde mañá xa se poden pedir subvencións para obras, proxectos e campañas de sensibilización nestes espazos por importe de...

A Xunta destaca o papel do Programa Mentor na formación e emancipación de adolescentes...

0
O obxectivo é facilitar a mozos que están no sistema de protección as ferramentas que necesitan para que poidan desenvolverse tanto persoal como profesionalmente O...

Un total de 431 colexios e institutos desenvolven clubs de lectura grazas ao...

0
— Este curso sumáronse 53 novos centros a esta iniciativa da Consellería de Educación, que financia con 400.000 € a adquisición de fondos e...

Medio milleiro de persoas obtiveron ou renovaron o ano pasado a habilitación como persoal...

0
A través dos cursos de seis horas realizados na Academia Galega de Seguridade Pública para adaptarse aos requisitos esixidos no decreto que regula as...

A Xunta aposta pola conservación de monumentos naturais de Galicia como a Praia das...

0
As rexistradas ata o momento roldan esa cifra, polo que se agarda que, malia as malas previsións meteorolóxicas, o número final se achegue á...

Publicacións Relacionadas