HomeA CoruñaA Xunta retifica o compromiso coa mellora educativa en Betanzos cun investimento...

A Xunta retifica o compromiso coa mellora educativa en Betanzos cun investimento de máis de 5,5 M€ nos centros escolares deste concello

- Anuncio -spot_img

— O secretario xeral técnico da Consellería de Educación advirte que o Goberno galego está asumindo “en solitario” a renovación de instalacións mentres “seguimos esperando” un Plan nacional do Goberno do Estado

— Lembra que o mantemento e conservación é competencia municipal e empraza aos concellos a actuar “antes de que pequenas incidencias se convertan en estruturais”

O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, ratificou hoxe ante a Comisión 4ª do Parlamento o compromiso da Xunta de Galicia coa mellora das infraestruturas educativas no Concello de Betanzos, cun investimento de máis de 5,5 M€ nos últimos anos.

O representante da Consellería de Educación explicou que o Goberno galego, dentro das súas competencias, está a cumprir coas necesidades no que atinxe ás actuacións de carácter estrutural nos edificios educativos, mentres que son os concellos os que deben asumir as competencias de conservación e mantemento que lle corresponden. Neste senso, alertou de que, en ocasións, “a falta de mantemento e a debida conservación agrava problemas que nun primeiro momento poderían ser menores”.

Segundo explicou Manuel Vila, o Colexio Francisco Vales Vilamarín é o que aglutina maior esforzo investidor do Goberno galego cunha partida de 4,5 M€ que permitiu, entre outras actuacións, a súa rehabilitación integral. A obra, que xa está rematada, incide directamente nunha maior eficiencia do edificio e nun maior confort dos seus usuarios, xa que se aplicou illamento térmico, renováronse as ventás e substituíronse as luminarias. Así mesmo, melloráronse as condicións funcionais do edificio ao reorganizarse os espazos de comedor e de biblioteca. Do mesmo xeito, nos institutos IES As Mariñas e Francisco Aguiar a Xunta leva investidos máis de 1 M€ nos últimos anos.

O secretario xeral técnico da Consellería subliñou que desde a Xunta “estamos asumindo en solitario” a renovación das instalacións de colexios e institutos a través do Plan de nova arquitectura pedagóxica cunhas 2.700 obras e 500 M€, “mentres seguimos esperando que o Goberno do Estado deseñe un Plan nacional de mellora de infraestruturas educativas” e a rebaixa do IVE das obras en centros.

Publicacións Relacionadas