Home Xunta de Galicia A Xunta salienta a eficacia do programa de emprego de garantía xuvenil...

A Xunta salienta a eficacia do programa de emprego de garantía xuvenil e as medidas a prol de incentivar a empregabilidade da mocidade en Galicia

- Anuncio -
  • Salientou que a convocatoria do Programa de Garantía Xuvenil para as anualidades 2024-25, cun investimento de 6,6M€, permiten impulsar en Galicia 15 obradoiros que benefician uns 240 mozos e mozas en toda a Comunidade
  • Sinalou outras medidas en marcha, como os incentivos á contratación que ofrece o Galicia Emprega ou o Programa Investigo, que abre o prazo o 4 de febreiro para favorecer a contratación de investigadores e tecnólogos menores de 30 anos

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, puxo en valor a eficacia medidas impulsadas pola Xunta a favor do emprego xuvenil, que se reflicten nos bos datos do mercado laboral galego que vén de rexistrar a última enquisa da EPA, na que Galicia rexistra máis emprego que o ano anterior, con máis de 1,1 millóns de ocupados —a cifra máis alta nun 4º trimestre desde 2009— e un incremento da ocupación en colectivos prioritarios como a mocidade. Fíxoo hoxe no marco da Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento, onde respondeu dúas preguntas relacionadas, respectivamente, co impacto do programa de Garantía Xuvenil e coa eficacia das accións promovidas polo Goberno galego para a creación de emprego na comunidade.

O secretario xeral salientou que a Xunta impulsa, a través da actual convocatoria de Garantía Xuvenil —enmarcada dentro do Programa Operativo FSE+ Galicia 2021-2027— 15 programas de emprego orientados a municipios, mancomunidades e entidades públicas e dirixidos a menores de 30 anos, inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil. Cun investimento de preto de 6,6 millóns de euros, beneficiaranse desta orde uns 240 mozos e mozas de toda Galicia. A duración do programa -combinando a formación coa realización dun traballo remunerado- é de 12 meses. Pablo Fernández incidiu en que a iniciativa persegue mellorar a empregabilidade dos participantes e a súa inserción no mercado laboral, ofrecéndolles unha formación dual teórico-práctica para o emprego de calidade e dela xa se beneficiaron 5.300 mozos desde a súa posta en marcha. Ao tempo, supón tamén a mellora das dotacións públicas no ámbito local, así como a prestación de servizos de interese xeral e social que repercuten na mellora da calidade de vida e dos servizos para toda a sociedade.

Medidas a prol do emprego entre a mocidade

Na súa intervención, o secretario xeral puxo en valor que esta é unha das múltiples medidas que impulsa o Goberno galego para fomentar a empregabilidade das persoas mozas en Galicia. Así, detallou que a Xunta impulsará unha planificación global a prol deste colectivo prioritario, a Estratexia Mocidade Activa, cun orzamento de 20 millóns de euros, soamente por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. O obxecto desta estratexia é mellorar a situación vital das persoas mozas galegas e a súa empregabilidade a través de programas de fomento da contratación.

Asemade, nela inclúense todas aquelas achegas do Goberno galego encamiñadas ao impulso do emprego xuvenil, entre as que destacou o Galicia Emprega Mozos, cun orzamento en 2025 de arredor de 3,5 millóns de euros —englobada na convocatoria de Galicia Emprega, dotada en total con 20 millóns de euros— e cuxo prazo abre mañá venres. Tamén mencionou o Programa Investigo, con especial énfase naqueles contratos de investigadores e tecnólogos menores de 30 anos, persoal técnico e outros profesionais en I+D+i, cun orzamento global de 4,8 millóns de euros e que abre o prazo  de solicitudes o 4 de febreiro. Outras medidas que se lanzarán ao longo de 2025 e que destacou, son o Programa Cooperas, con arredor de 12 millóns de euros para favorecer o emprego público institucional para persoas desempregadas e, nomeadamente, a contratación de persoas mozas —8 millóns son especificamente en favor das persoas mozas a través de incentivos para a súa contratación— e o Programa primeira experiencia profesional das persoas mozas, cun orzamento de 6,3 millóns de euros para impulsar a súa contratación a través da formalización de contratos de formación para a obtención da práctica profesional ou de contratos de formación en alternancia, promovendo a retención do talento mozo na comunidade.

Impulso ao emprendemento

En paralelo, Pablo Fernández tamén fixo fincapé no esforzo estratéxico da Xunta por impulsar o emprendemento en Galicia, impulsando a actividade por conta propia tamén entre os menores de 30 anos, incentivando que vexan emprender como unha alternativa atractiva e efectiva para medrar. Así, destacou a nova orde unificada para autónomos dotada con máis de 40M€ con cinco programas de axudas, que abranguen desde a posta en marcha da actividade autónoma —incluíndo a cota cero— así como a súa consolidación, mantemento, conciliación ou remuda. A este respecto, reafirmou o apoio e acompañamento gratuíto que ofrecen as 15 oficinas activas da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego.

Relacionadas

A Xunta salienta o protagonismo de Galicia no automobilismo

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde na presentación do equipo Ares Racing para a tempada 2025, na que...

Fabiola García pon en valor a importancia do audiovisual como ferramenta de cambio social...

0
A conselleira felicitou a todas as participantes no certame e agradeceu o seu labor para lograr unha Galicia máis igualitaria A conselleira de Política Social...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

A Xunta favorece a empregabilidade da mocidade por conta propia e allea lanzando novos...

0
José González destacou a Estratexia Mocidade Activa que inclúe apoios á contratación como os programas Investigo (4,8 M€), o de primeira experiencia profesional (6,3...

A Xunta aposta pola mediación nunha xustiza centrada na cidadanía

0
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou na xornada ‘A mediación: outra forma de resolución de conflitos e potenciar a competitividade das empresas’,...

A Xunta apoia a celebración do Día dos Medios en Galego que inclue concertos...

0
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta esta celebración pola “importancia en uso e en prestixio” do emprego da nosa lingua...

Publicacións Relacionadas