Home A Coruña A Xunta salienta o seu esforzo na posta en valor e mellora...

A Xunta salienta o seu esforzo na posta en valor e mellora da área recreativa do Xirimbao, en Teo, cun investimento de case 450.000 euros

- Anuncio -
  • Ángeles Vázquez destaca entre as melloras acometidas os máis de 160.000 € investidos en accións de mellora da vexetación de ribeira e eliminación de especies invasoras no Ulla e nas obras de reparación no edificio do refuxio de pescadores
  • Actualmente estase a traballar xa na escala de peixes da presa e nunha actuación de mellora e mantemento na ponte colgante, un dos principais reclamos da zona
  • Tras subliñar que a área recreativa conta con dúas sequoias senlleiras, lembra que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para accións de posta en valor e conservación dos 202 exemplares incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras

A Xunta vén realizando un importante esforzo para a posta en valor e mellora da área recreativa do Xirimbao, en Teo, localizada entre a ponte colgante e a presa do Couso, na marxe dereita do río Ulla, con actuacións de mellora e rehabilitación que suman un investimento de case 450.000 euros.

Durante unha visita a este espazo para comprobar o resultado das últimas actuacións executadas, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, explicou que desde o ano 2022 cómpre destacar os máis de 160.000 euros investidos en diversas accións de mellora da vexetación de ribeira e eliminación de especies exóticas invasoras na contorna do Ulla e na obra de reparación e mantemento do edificio do refuxio de pescadores do couto de Couso.

Tras lembrar que esta finca de case 1 hectárea é propiedade da Xunta, a responsable autonómica recalcou que o espazo recreativo do Xirimbao é tradicionalmente usado para desfrute dos pescadores de Couso pero tamén polo cidadanía en xeral que visita esta zona do Ulla, principalmente atraídos pola ponte colgante que cruza o río.

Neste sentido, explicou que en 2023 se levou a cabo a reparación do edificio do refuxio de pescadores do couto e entre os anos 2022 e 2024, no marco do proxecto Mil Ríos financiado con fondos europeos do programa NextGenerationUE, desenvolvéronse diversas accións de mellora na ribeira do Ulla, que incluíron a eliminación da especie invasora Robinia pseudoacacia e de plantas ornamentais coñecidas como tuyas da marxe fluvial, tanto dentro como fóra da finca do Xirimbao.

En colaboración co Concello de Teo, estes exemplares invasores foron eliminados do espazo recreativo, favorecendo tamén deste xeito o estado das dúas arbores senlleiras que alberga, dúas sequoias localizadas ao carón do refuxio.

En canto aos traballos que se atopan actualmente en marcha, Ángeles Vázquez referiuse á obra xa iniciada na escala de peixes da presa do Xirimbao, que inclúe unha estación de control da fauna piscícola e a instalación dun contador automático de exemplares, cun orzamento asignado de 166.343,10 euros.

Así mesmo, no marco das actuacións de mellora e mantemento en pontes colgantes programadas polo seu departamento en varios puntos de Galicia, a conselleira sinalou que a pasarela do Xirimbao será unha das intervencións previstas para este ano. De feito, hoxe aproveitou a súa visita para comprobar sobre o terreo as actuacións previas que xa se están a realizar na contorna da ponte colgante, como paso previo á intervención integral que se executará nesta infraestrutura, cun investimento de 111.650 euros.

Árbores senlleiras

Por último e tras salientar que outro dos atractivos desta área recreativa son as dúas sequoias vermellas incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras desde abril de 2023, a responsable autonómica lembrou que de cara a garantir a protección deste tipo de elementos, a Xunta pon á disposición dos seus propietarios desde hai anos dúas liñas de axudas para contribuír á súa conservación e posta en valor.

De feito, o Concello de Teo recibiu da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático un total de 1.749,78 euros para protexer as dúas sequoias senlleiras do Xirimbao no marco da convocatoria do ano pasado.

Neste sentido, lembrou que xa se publicaron no Diario Oficial de Galicia o pasado 8 de xaneiro polo que xa está aberto o prazo para a presentación de solicitudes por parte tanto dos propietarios particulares como das entidades locais titulares dalgunha das 202 árbores e formacións senlleiras que actualmente forman parte do referido catálogo. Para 2025 habilítase un orzamento global de 90.000 euros, cun límite de 8.000 euros por axuda no caso das formacións senlleiras e de 4.500 euros cando se trate dun exemplar individual.

Relacionadas

Galicia rexistrou en 2024 o terceiro ano máis cálido das últimas seis décadas

0
— Ángeles Vázquez explica que 2024 se caracterizou por ser un período extremadamente cálido e húmido — A temperatura media rexistrada foi de 14,7 graos...

López Campos anuncia a licitación por máis de 300.000€ das obras de restauración do...

0
Adianta que a actuación contará cun prazo de execución previsto de 6 meses e está dirixida a resolver as patoloxías causadas polas humidades que...

A Xunta pon en valor o traballo diario do persoal da residencia de maiores Torrente...

0
O centro coruñés convértese no primeiro de Galicia en obter esta acreditación, que se enmarca no desenvolvemento do novo modelo de coidados A residencia de...

Presentación dos obradoiros sobre o uso de aplicacións móbiles para persoas maiores nas parroquias...

0
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Francisco Suárez-Puerta presentou esta mañá os obradoiros do uso de “apps móbiles” para persoas maiores.Suárez-Puerta sinalou que “estes obradoiros...

O concello inicia a selección do alumnado da acción formativa para desempregados que comezará en...

0
Constará de 468 horas a impartir de 9:30 a 14:30 ata o mes de xuño nunha aula homologada do Edificio Administrativo da Laracha. O vindeiro...

O concello avanza no procedemento de contratación de tres proxectos de mellora da rede viaria 

0
As intervencións afectarán ás parroquias de Golmar, Soutullo, Cabovilaño e Lendo. Tres proxectos dirixidos á mellora da rede viaria municipal serán adxudicados nos próximos días...

Publicacións Relacionadas