Home Xunta de Galicia A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base...

A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar o catálogo de bens culturais costeiros e a rede de establecementos turísticos previstos na Lei do litoral

- Anuncio -

— Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para abordar a creación destes dous novos instrumentos

— Alfonso Villares incidiu na importancia do Plan da Cultura Marítima como ferramenta pioneira e dinamizadora que se está a desenvolver no territorio galego

A Xunta salienta que o futuro Censo do patrimonio marítimo se converterá nunha ferramenta clave para a elaboración do catálogo de bens de valor cultural no litoral galego e da rede de establecementos turísticos, ambos previstos no articulado da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga).

Durante a reunión que mantiveron hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, co director do Plan da Cultura Marítima (PCUMA) de Galicia-Horizonte 2030, Óscar Fuertes, salientouse que esta iniciativa da Consellería do Mar, elevada a Consello da Xunta do 7 de setembro de 2023, supón un instrumento de grande utilidade para garantir a conservación e promoción do patrimonio marítimo-pesqueiro da Comunidade.

Nesa liña, Ángeles Vázquez explicou que a Loxilga incide en que as administracións públicas promoverán a protección, conservación e mellora do patrimonio cultural da costa a través de accións orientadas á súa posta en valor, recuperación e rehabilitación.

Deste xeito, segundo dixo a conselleira, o proxecto avaliado na reunión celebrada hoxe servirá como punto de partida para o desenvolvemento de dúas actuacións estratéxicas incluídas na Lei do litoral galega.

Trátase, por un lado, do Catálogo de bens de valor cultural na costa, un dos elementos que deberá desenvolverse ao abeiro da norma autonómica, que tamén declara como obxecto de protección específica como parte do patrimonio cultural inmaterial os usos, as representacións, as expresións, os coñecementos e as técnicas das comunidades costeiras que manifestan un particular sentimento de identidade e de relación co medio costeiro e mariño; e por outro, da rede de establecementos turísticos na costa que se creará a partir da recuperación de edificacións preexistentes que destaquen polo seu especial valor arquitectónico, histórico ou cultural.

Pola súa banda, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, salientou que o Plan da Cultura Marítima constitúe unha base sólida sobre a que continuar traballando na misión de preservar e activar a cultura marítima galega, a través de cen propostas de proxectos para a cultura do mar, entre os que se atopa o Censo do patrimonio marítimo. Trátase dun plan pioneiro e innovador, do que non hai precedentes en outros territorios.

Relacionadas

Medio Rural pon en valor a Central Agropecuaria de Galicia en Silleda como referente...

0
A conselleira María José Gómez asistiu á segunda poxa de gando celebrada no que vai de ano nesta Central e salientou que este é...

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para exercer como...

0
o longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de...

Belén do Campo anima aos alumnos de Secundaria a participar no Concurso #PARQUEVIBRAS creando...

0
― A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar...

As visitas nos Museos da Xunta medran un 23% no ano 2024 ata superar...

0
— No balance do exercicio están incluídos 13 centros xestionados polo Executivo autonómico nas catro provincias galegas — Entre os espazos, destaca o incremento de...

A Xunta salienta o impacto social e económico do automobilismo en Galicia

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañados polo delegado territorial...

Publicacións Relacionadas