Perfecto Rodríguez sinalou que nos últimos anos o Goberno galego investiu máis de 130.000 euros en diferentes actuacións neste servizo
O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acompañado do alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, visitou esta mañá o centro de día público autonómico e o fogar residencial do lugar de Cerdedo, no que a Xunta impulsa novas actuacións de mellora. En concreto, o Goberno galego segue renovando o exterior deste recurso que contará en breve cunha nova marquesiña que vai instalar o Concello.
Na visita, o xerente do Consorcio explicou que a Xunta financiará a colocación desta infraestrutura para dar resposta ás necesidades dos usuarios e mellorar o seu acceso a este servizo público e evitar dificultades os días de chuvias. Así, o Goberno galego destina máis de 10.000 euros para a adecuación e colocación da marquesiña que vai executar e instalar o concello de Cerdedo Cotobade.
Así mesmo, Perfecto Rodríguez sinalou que anos últimos anos o Goberno galego investiu máis de 130.000 euros en diferentes actuacións acometidas polo concello para renovar e mellorar este centro, entre as que se inclúen cambios no illamento e revestimento da fachada, novo mobiliarios, adecuación das habitacións, entre outras accións.

