HomeXunta de GaliciaA Xunta sinala a excelencia do deporte galego como símbolo da marca...

A Xunta sinala a excelencia do deporte galego como símbolo da marca Galicia Calidade

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes felicitou o xogador de baloncesto 3×3 Carlos Martínez e o piloto de rallys Luis Penido polos recentes logros nas respectivas disciplinas

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe o xogador de baloncesto 3×3 Carlos Martínez e o piloto de rallys Luis Penido para felicitalos polos recentes logros nas respectivas disciplinas. O coruñés Carlos Martínez proclamouse en xuño campión do  mundo coa selección española de baloncesto 3×3 e o compostelán Luis Penido resultou vencedor do seu grupo no Campionato de Europa de Montaña, o primeiro título desta especialidade para Galicia.

En ambas as xuntanzas, Diego Calvo salientou o bo momento que está a vivir o deporte galego grazas á excelencia dos deportistas que o representan e sinalou como mostra o continuo incremento das persoas deportistas galegas recoñecidas de alto nivel, que suman actualmente máis de 1.700.

O conselleiro agradeceu a Carlos Martínez e a Luis Penido o seu esforzo e entrega para estar na elite do deporte, desde a que contribúen a reforzar a marca Galicia Calidade, facendo que toda a poboación galega comparta e se sinta orgullosa dos seus triunfos. Apuntou tamén a importancia que teñen como referentes para a poboación máis nova, á que transmiten todos os valores que integra o deporte e os incentiva a levar unha vida activa e saudable.

Publicacións Relacionadas