Home Xunta de Galicia A Xunta traslada ao tecido empresarial galego que a lei de Administración...

A Xunta traslada ao tecido empresarial galego que a lei de Administración Ambiental Simplificada acurtará trámites grazas ao Principio de Autorización Única

- Anuncio -

Con esta reunión ponse fin á rolda de contactos iniciada en outubro cos principais sectores, organizacións profesionais e entidades afectadas pola futura norma, unha vez finalizada a fase de consulta pública previa e iniciada a redacción do primeiro borrador

A Xunta subliña a importancia que terá a futura Lei de administración ambiental simplificada de Galicia para os diferentes colectivos profesionais implicados no impulso e desenvolvemento de novas iniciativas empresariais e proxectos na comunidade xa que introducirá o principio de autorización única en materia ambiental e contribuirá, deste xeito, a acurtar trámites.
Así llo trasladou hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, a representantes da Confederación de Empresarios de Galicia e das confederacións provinciais da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, cos que se reuniu para abordar o contido e principais obxectivos da norma autonómica.
Unha vez superada a fase de consulta pública previa, a conselleira explicou que o seu departamento está traballando na redacción do borrador normativo, un proceso no que aproveitará a opinión dos diferentes colectivos consultados de cara a recompilar ideas e buscar unha postura de consenso.
Neste sentido, Vázquez Mejuto subliñou a importancia de que diferentes entidades, empresas e organizacións profesionais teñan ocasión de expoñer os problemas que cren que a futura norma pode resolver para garantir que esta responda ás demandas e necesidades dos principais implicados.
Cómpre lembrar que coa Lei de administración ambiental simplificada a Xunta aspira a situar Galicia nunha posición de vangarda a través da aprobación dun dos ordenamentos ambientais máis modernos e innovadores de todo o país que garanta e ofreza á vez a seguridade xurídica que demandan neste eido tanto promotores como administracións.
Con esta xuntanza péchase a rolda de contactos iniciada en outubro co fin de consensuar o documento inicial cos principais sectores, colectivos profesionais e entidades que, pola súa actividade ou finalidade principal, se poidan ver afectados directa ou indirectamente pola futura lei. De feito, o obxectivo é contar co primeiro borrador da norma este mesmo ano e remitir o proxecto ao Parlamento para a súa aprobación en 2025.

Relacionadas

A Xunta de Galicia adxudica por preto de 10 millóns de euros un contrato...

0
― Ángeles Vázquez destaca que o servizo de asistencia técnica e apoio á dirección de explotación de Augas de Galicia nas EDAR é por...

Turismo inxecta 27,5M€ no sector turístico para a súa modernización e mellora da competitividade

0
— O director de Turismo de Galicia visitou en Poio o Hotel Gran Proa, onde destacou que se trata dun plan de actuación a...

Belén do Campo destaca o investimento de 260.000 euros na mellora de infraestruturas rurais...

0
 A delegada da Xunta avaliou coa alcaldesa esas aportacións que servirán tanto para a mellora de camiños de acceso a parcelas agrícolas como...

A Xunta destaca o potencial das empresas emerxentes e do comercio local no peche...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Santiago de Compostela o congreso Galicia Emprende: innovación e futuro dixital...

A Xunta pon de relevo os arredor de 550 proxectos atendidos pola Rede de...

0
― A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta tarde en Ourense na xornada ‘Impacto positivo e emprendemento’, organizada...

Artesanía, Saber e Sabor converterá Ribadavia nun mercado de produtos artesáns e galegos para...

0
― Esta acción da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería do Medio Rural desenvolverase entre o 6 e o 8 de...

Publicacións Relacionadas