Home Xunta de Galicia A Xunta traslada ao tecido empresarial que se poderá consultar por vía...

A Xunta traslada ao tecido empresarial que se poderá consultar por vía electrónica o estado da tramitación ambiental de novos proxectos en cada fase do proceso

- Anuncio -
  • Ángeles Vázquez avanza que esta será unha das principais novidades da futura Lei de administración ambiental simplificada para responder ás demandas do sector
  • Destaca que en 2025 se desenvolverá ao fin a Lei do litoral, unha norma clave para a economía galega pola importancia e o peso que ten o mar no seu modelo produtivo
  • A conselleira agarda que o Estado cumpra o prometido e concrete “no menor tempo posible” o detalle do persoal, dos edificios e dos expedientes que recibirá Galicia para ratificar xa o pacto e materializar o exercicio das súas competencias no litoral

A Xunta de Galicia garantirá a posibilidade de consultar por vía electrónica o estado da tramitación ambiental de calquera proxecto ou iniciativa empresarial para saber en que punto se atopa ao longo das distintas fases administrativas do procedemento.

Esta opción será especialmente interesante para o tecido empresarial, tal e como sinalou hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a súa intervención na reunión extraordinaria das comisións de traballo da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

A responsable autonómica foi convidada a participar neste encontro para abordar dúas cuestións clave para o Goberno autonómico e tamén para o empresariado galego: a futura Lei de administración ambiental simplificada de Galicia e o desenvolvemento das competencias sobre a ordenación e a xestión do litoral.

Precisamente con relación ao primeiro punto, avanzou que habilitar a consulta electrónica dos expedientes de avaliación ambiental tramitados polo seu departamento será unha das principais novidades que introducirá esta norma, que, como lembrou, superou hai uns meses a fase de consulta pública previa e previsiblemente se elevará no primeiro trimestre deste ano ante o Consello da Xunta para a súa aprobación.

Neste sentido, Ángeles Vázquez explicou que coa Lei de administración ambiental simplificada se aspira a situar Galicia nunha posición de vangarda a través da aprobación dun dos ordenamentos ambientais máis modernos e innovadores de todo o país, que garanta e ofreza, á vez, a seguridade xurídica que demandan neste eido tanto promotores como administracións públicas.

Acompañada polo presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, a conselleira subliñou que, por este motivo, a opinión de todas as entidades e colectivos implicados na futura norma é fundamental para a Xunta. Neste sentido, lembrou a rolda de contactos que mantivo a finais do ano pasado de cara a recompilar ideas e buscar un texto participado e de consenso que responda tamén ás necesidades reais do sector, como pode ser, por exemplo, facilitar a consulta electrónica do estado dos expedientes.

Na mesma liña, Vázquez Mejuto referiuse a outras novidades interesantes da Lei de administración ambiental simplificada. En concreto, citou a creación dun punto de encontro para os solicitantes de avaliacións ambientais que actuará como oficina de asesoramento para garantir que teñan acceso a toda a información necesaria para a tramitación; e a posta en marcha do Consello Técnico de Políticas Ambientais de Galicia como órgano consultivo e de participación aberto a administracións e colectivos representativos do eido socioeconómico, profesional e universitario.

Loxilga

En canto á Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga), a conselleira subliñou que ano e medio despois da súa aprobación, 2025 será, ao fin, o ano do desenvolvemento e aplicación práctica dunha norma “clave” para a economía galega pola importancia que ten a cadea mar-industria no seu modelo produtivo pero tamén polo vínculo histórico e cultural que ten a Comunidade coa súa costa.

Este fito será posible, segundo explicou Ángeles Vázquez, tras o acordo entre a Xunta e o Goberno central anunciado o pasado 17 de decembro con relación á transferencia dos medios, funcións e servizos para a xestión do litoral. “Foron máis de dous anos de intenso traballo pero por fin o exercicio destas competencias será de Galicia”, resaltou.

Ao respecto, amosouse satisfeita polo logro e indicou que agarda que o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática cumpra o compromiso asumido para concretar “no menor tempo posible” o detalle do persoal, dos edificios e dos expedientes que recibirá a Comunidade no marco deste acordo de transferencia, último paso para poder ratificar o pacto e materializar o exercicio dunhas competencias que, recalcou, “sempre corresponderon a Galicia”.

Relacionadas

Xosé Merelles estudia un encontro co presidente de Agalber unha futura liña de colaboración...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co presidente da Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber), Miguel Ángel Rodríguez, no...

Rueda anuncia a licitación dun novo treito da autovía Tui-A Guarda, no que se...

0
 Salienta que se trata do treito entre o enlace do polígono de Areas en Tui e a PO-350 xa en Tomiño, co inicio...

A Xunta concedeu en 2024 preto de 440.000 euros en axudas a máis de...

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as resolucións polas que se dá publicidade ás 70 achegas concedidas neste eido durante o ano...

A Xunta convoca por un importe de 2 M€ axudas a concellos e particulares...

0
— O ‘Diario Oficial de Galicia’ publica hoxe as bases reguladoras das dúas ordes de subvencións, que os interesados poderán solicitar a partir do...

A Xunta lanzará este ano a 2ª edicióndo proxecto Fixar para continuar impulsando a...

0
Ambos centros, xunto co de Sende, no concello ouresán de Lobeira, forman parte do proxecto Fixar para atraer nómades dixitais, unha iniciativa que o...

A Xunta outorga os premios aos mellores estudantes de Ensinanzas Artística

0
— O Diario Oficial de Galicia publica as resolucións destes galardóns, dotados con 3.500 e 1.000€, respectivamente — Recoñécese o desempeño excelente de alumnos en...

Publicacións Relacionadas