Home A Coruña A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e...

A Xunta ultima as obras de mellora da rede de saneamento e depuración do concello do Pino, cun investimento de 2 M€

- Anuncio -
  • Os traballos, que rematarán antes do verán, beneficiarán a cinco núcleos da parroquia de Santaia de Arca e supoñen a dotación dunha nova estación de bombeo, dunha depuradora e das conducións necesarias para o seu correcto funcionamento
  • A nova EDAR dará servizo a arredor de 1.200 veciños, pero terá capacidade para atender a unha poboación equivalente de máis de 3.000 habitantes
  • Ángeles Vázquez salienta que este proxecto se enmarca na estratexia da Xunta de mellora continua das redes de abastecemento, saneamento e depuración existentes na comunidade, para as que este ano mobiliza preto de 110 M€

A Xunta de Galicia está a ultimar as obras de mellora da rede de saneamento e depuración da parroquia de Santaia de Arca, no concello do Pino, cun investimento de 2 millóns de euros.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou hoxe a zona e detallou que o obxectivo é que os traballos -que beneficiarán aos núcleos do Pedrouzo, A Igrexa, Vilaboa, A Rúa e Santo Antón- estean rematados antes do verán. 

A responsable autonómica, que estivo acompañada polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, explicou que a obra consiste na dotación dunha Estación de Bombeo de Augas Residuais (EBAR), o acondicionamento de 1.230 metros dun colector existente na marxe do rego do Burgo, unha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) e a instalación de 640 metros de novas conducións para conectar coa nova depuradora.

Esa EDAR dará servizo a arredor de 1.200 veciños, pero terá capacidade para atender a unha poboación equivalente de máis de 3.000 habitantes, o que supón que estea preparada para afrontar posibles incrementos futuros -sexan estables ou puntuais- da poboación existente nos núcleos desa parroquia.

As novas instalacións, cofinanciadas co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, comezarán a dar servizo aos veciños este verán e, tralo correspondente período de proba para comprobar o seu correcto funcionamento, serán entregadas no último trimestre do ano ao Concello do Pino para a súa xestión.

Mellora da rede

Ángeles Vázquez salientou que esta actuación se enmarca na estratexia da Xunta de mellora continua das redes de abastecemento, saneamento e depuración existentes na comunidade co obxectivo de mellorar a calidade das augas galegas no seu conxunto.

De feito, este compromiso reflíctese nos orzamentos do Executivo galego para este ano, no que mobilizará un total de 85 millóns de euros en distintas actuacións de saneamento e depuración de augas -incluíndo a explotación de 27 depuradoras cuxa xestión foi cedida á Xunta polos concellos- e 23 millóns de euros na mellora dos sistemas de abastecemento municipais.

Relacionadas

A Xunta lamenta que o Goberno non atendese as súas alegacións ao novo regulamento...

0
― José González remarcou a falta de sensibilidade do Executivo ante a postura defendida por Galicia en coordinación co terceiro sector, desbotando a figura...

A Xunta desenvolve un proxecto piloto para instalar puntos de carga sostibles en centros...

0
— Ángeles Vázquez subliña que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destinará 170.000 euros para financiar actividades e formación de persoal e...

A Xunta destaca a importancia de que as entidades asentadas no territorio e coñecedoras...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a súa contribución é vital para optimizar a xestión e a protección daqueles elementos de valor máis sensibles en...

Xosé Merelles gaba o papel diversificador do Camiño de Inverno que medrou o 42%...

0
— O director de Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Municipios para a promoción e mellora da experiencia dos...

A Xunta prevé executar en 2025 labores de conservación e limpeza en arredor de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que o organismo hidráulico destinará 2,7 M€ o vindeiro ano á realización deste tipo de traballos, que inclúen a retirada...

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

Publicacións Relacionadas