Free Porn
xbporn
Home Ourense O Carballiño A Xunta apoia ao concello de San Amaro coa reforma e mellora...

A Xunta apoia ao concello de San Amaro coa reforma e mellora do alumeado público

- Anuncio -

— A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou as actuacións levadas a cabo no núcleo de San Amaro

— A renovación dos cadros de mando, dos tramos de cableado e das tomas de terra e a instalación de luminarias LED máis eficientes contribuíron a un importante aforro enerxético

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañadA do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe o concello de San Amaro, onde a Xunta colaborou na reforma e mellora do alumeado público cunha axuda de 27.700 euros.

O Goberno galego apoiou ao municipio na reparación e mellora da iluminación do núcleo urbano de San Amaro coa substitución e reforma dos cadros de mando e protección, a revisión e o cambio dos tramos de cableado, así como a renovación das luminarias existentes por outras de tecnoloxía LED con óptima asimétrica de alta potencia e eficiencia e a execución de tomas de terra. Estas actuacións leváronse a cabo en pistas, camiños e estradas no núcleo de San Amaro e permitiron un importante aforro enerxético, tanto desde o punto de vista económico como na preservación do medio ambiente.

A axuda concedida pola Xunta alíñase cos obxectivos do Fondo de Compensación Ambiental (FCA), que conta este ano cun orzamento de 11,3 millóns de euros co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento e a recuperación sostible dos municipios galegos.

Entre as accións subvencionables do fondo inclúese a mellora da eficiencia enerxética das instalacións e edificios municipais e a utilización de enerxías renovables. Coa renovación do alumeado público e outras medidas de eficiencia enerxética, a Xunta apoia aos concellos na conservación da biodiversidade e na protección do medio ambiente e do espazo natural. Mostra deste apoio son os 2.300 proxectos que o Goberno galego cofinanciou en colaboración coas entidades locais desde a posta en marcha do Fondo de Compensación Ambiental en 2010, achegando máis de 108 millóns de euros.

No concello de San Amaro, a Xunta colaborou a través deste fondo en distintas actuacións de renovación de alumeado público, así como nos gastos de funcionamento do servizo de protección ambiental da Mancomunidade de municipios da comarca do Carballiño, do que San Amaro forma parte con Beariz, Boborás, O Incio e Piñor.

Natalia Prieto incidiu na importancia da colaboración entre a Xunta e os concellos para levar a cabo actuacións que redunden no benestar da veciñanza e que no caso de San Amaro supuxo nos últimos anos un investimento de máis de 338.500 euros. Tamén destacou a cooperación entre os propios municipios en proxectos conxuntos para ser máis eficientes e aforrar custos.

Relacionadas

A Xunta impulsa melloras en 145 establecementos turísticos cun investimento de 3,5M€

0
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de axudas de 3,5M€ que sufragan as actuacións de accesibilidade, dixitalización ou modernización...

O Concello de Ourense contará cun servizo de alugueiro de bicicletas eléctricas

0
A Xunta de Goberno Local, nunha convocatoria extraordinaria, de carácter urxente, convocada esta mañá, deu luz verde á aprobación dun expediente para a contratación...

Mañá sábado comezan as festas de Santa Marta de Velle

0
27, 28, 29 e 30 de xullo, catro días de festexos para todas as idades Os festexos, que contan coa colaboración do Concello, comezarán mañá...

A Xunta pon en valor o labor dos centros comerciais abertos e federacións de...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou na inauguración da IV...

A Xunta avanza nos nos traballos para construir o Comité de Expertos que estudará...

0
As Consellerías de Medio Ambiente e Cambio Climático e do Mar están a deseñar a composición dese grupo e as liñas de actuación para...

A Xunta enxalza os emigrantes como os mellores embaixadores de Galicia no Mundo

0
Coincidindo co Día de Galicia, José González asistirá ao acto do 45º aniversario do Centro Galicia de Bos Aires, unha entidade que conta con...

Publicacións Relacionadas