Free Porn
xbporn
Home Xunta de Galicia Ángeles Vázquez analiza coaa directora de mercados de carbono e mobilidade limpa...

Ángeles Vázquez analiza coaa directora de mercados de carbono e mobilidade limpa da Comisión Europea a situación eólica en Galicia

- Anuncio -

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático destaca a importancia de que o Tribunal de Xustiza da UE resolva o antes posible a cuestión prexudicial trasladada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a tramitación dos proxectos eólicos

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, mantivo hoxe un encontro coa directora de Mercados de Carbono e Mobilidade Limpa da Dirección Xeral de Acción polo Clima da Unión Europea, Beatriz Jordi, na que abordaron a situación do sector eólico en Galicia. A representante do Executivo galego trasladou a necesidade de clarificar e axilizar a tramitación dos proxectos eólicos na comunidade co obxectivo de que poida avanzar no desenvolvemento das enerxías renovables para garantir o abastecemento, a descarbonización e a loita contra o cambio climático.

A responsable autonómica expuxo a situación de inseguridade xurídica que está a xerar en Galicia a actual parálise xudicial e administrativa que afecta a ducias de proxectos eólicos e o interese da Xunta en que o Tribunal de Xustiza de la Unión Europea (TXUE) resolva o antes posible a cuestión prexudicial trasladada a finais de xuño polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Ángeles Vázquez incidiu en que o pronunciamento xudicial da UE clarificaría e axilizaría os proxectos paralizados na comunidade, ademais de evitar que a inseguridade xurídica se poida estender a outros países con lexislacións sectoriais similares á española.
Precisamente, a titular de Medio Ambiente e Cambio Climático trasladoulle á representante do Executivo comunitario que a Xunta está a tramitar a Lei de administración ambiental simplificada para reforzar a seguridade xurídica tanto desde o punto de vista dos promotores como das administracións públicas e permita axilizar, sempre con plenas garantías, a tramitación de novos proxectos de desenvolvemento enerxético e industrial na comunidade.
O encontro produciuse coincidindo co congreso Avanzando cara á descarbonización do sector marítimo-portuario en España, organizado pola Alianza Net-Zero MAR e que se celebra entre hoxe e o xoves na Coruña. Beatriz Jordi participou no evento para analizar o Impacto da normativa europea sobre o sector do transporte marítimo.

Relacionadas

A Xunta creará o próximo ano unha marca para poñer en valor Galicia como...

0
— Ángeles Vázquez salienta que esta medida pretende identificar a comunidade como un territorio comprometido co medio ambiente e coa posta en marcha de...

A Xunta aplicará as novas tecnoloxías para optimizar o tratamento automatizado dos datos de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a Comunidade foi pioneira no país en potenciar o uso de medios electrónicos e automáticos entre produtores e xestores...

A Xunta insta ao sector gandeiro a trasladar as súas reivindicacións pola situación do...

0
— Avalían a posibilidade de solicitar ao Executivo central a implementación dalgunha medida transitoria que permita intervencións puntuais de control naquelas contornas que rexistren...

O Centro Dramátio Galego inicia en Lugo a xira do espectáculo ‘Terceiro Acto’ por...

0
— No seu regreso ás táboas, esta montaxe da compañía pública comeza este xoves o percorrido que non lle fora posible desenvolver en 2021...

A Xunta celebra o Día das Bibliotecas en Pontevedra con cinco actividades para todos...

0
Co gallo desta efeméride que se celebra o xoves, día 24, a Biblioteca Antonio Odriozola acollerá mostras, espectáculos de narración oral, visitas guiadas e...

A Xunta subliña a necesidade dunha intelocución do ministerio coas Comunidades Autónomas para o...

0
A directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández, participaron no...

Publicacións Relacionadas