Home Terra de Celanova Celanova Ángeles Vázquez anima a concellos e particulares a apostar polo fermosismo coas...

Ángeles Vázquez anima a concellos e particulares a apostar polo fermosismo coas axudas da Xunta que facilitaron unha trintena de actuacións en Celanova

- Anuncio -

— O Goberno galego destina 2 M€ á nova convocatoria das axudas para a corrección de impactos paisaxísticos, cuxo prazo de solicitude abre o 20 de xaneiro


— Os particulares poderán recibir ata 3.000 euros e as entidades locais terán á súa disposición un máximo de 40.000 euros


— Celanova foi o segundo municipio que recibiu máis axudas a particulares na convocatoria de 2024, con 15 actuacións e máis de 28.600 euros

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, animou hoxe a concellos e particulares a apostar polo fermosismo solicitando as axudas da Xunta para a corrección de impactos paisaxísticos, que conta cun orzamento global de 2 millóns de euros para a convocatoria deste ano 2025.

Durante unha visita que realizou a varias actuacións levadas a cabo por particulares en Celanova ao abeiro desta orde de axudas, a conselleira explicou que os interesados poderán presentar as súas solicitudes a partir do vindeiro día 20 de xaneiro. Nese senso, Ángeles Vázquez engadiu que esta convocatoria presenta a novidade de que, en lugar de abrir o prazo de solicitudes ao día seguinte da publicación das ordes no Diario Oficial de Galicia, agárdanse varios días co obxectivo de favorecer que os posibles beneficiarios poidan preparar a documentación precisa.

Máis polo miúdo, a conselleira lembrou que os particulares poderán recibir ata 3.000 euros para actuar sobre fachadas (o tipo de actuación máis solicitada), cubertas e muros de peche pero tamén se financiará a retirada de elementos adxacentes aos bens nos que se vaia intervir cando prexudiquen a súa imaxe ou causen algún tipo de impacto.

En canto ás entidades locais, terán á súa disposición un máximo de 40.000 euros (20.000 euros por cada liña) para actuar en edificios e dependencias de servizos municipais —liña 1— ou en construcións, equipamentos públicos e bens do patrimonio etnográfico local —liña 2— que polo seu aspecto ou deterioro provoquen unha distorsión na contorna onde se localizan.

En concreto, poderán acometer obras de índole menor que melloren o aspecto e conservación de elementos etnográficos como fontes, lavadoiros públicos, palcos de música e hórreos, ou ben incidir na renovación e remate exterior de fachadas, cubertas e muros de cerramento de edificios municipais.

Axudas por preto de 9,6 M€
No caso concreto de Celanova, a conselleira puxo en valor que en 2024 foi o segundo municipio que recibiu máis axudas a particulares, con 15 actuacións e máis de 28.600 euros. Ademais, desde a posta en marcha desta iniciativa, no ano 2021, xa se financiaron preto de 30 actuacións, por un importe global de máis de 84.000 euros.

Máis polo miúdo, 26 actuacións foron acometidas por parte de particulares e recibiron, en total, preto de 54.000 euros. A maiores, cómpre indicar que o Concello de Celanova tamén recibiu máis de 30.000 euros en axudas para acometer a mellora da fonte pública da rúa Curros Enríquez, a renovación da fachada do local social de Leborín e a intervención no lavadoiro de Vilanova dos Infantes.

No marco das catro convocatorias anteriores, a Xunta xa apoiou a 116 entidades locais e a 2.170 particulares na execución de 2.425 obras e actuacións que contribuíron a fomentar a cultura do fermosismo nun total de 283 concellos, o que representa case o 91% dos municipios galegos.

Ademais, as axudas concedidas suman preto de 9,6 millóns de euros aínda que o investimento total mobilizado neste período achégase aos 14 millóns tendo en conta que tanto os concellos como os particulares beneficiados tiveron que completar a axuda con fondos propios para poder cubrir o 100% do orzamento das obras.

Para concluír, Ángeles Vázquez puxo en valor que nos últimos catro anos as axudas para a corrección de impactos paisaxísticos permitiron executar diferentes tipos de actuacións en 283 dos 313 municipios galegos, máis do 90% do total. Así, segundo indicou a conselleira, “o obxectivo para esta nova convocatoria será chegar ao 100% de Galicia para lograr que a aposta da Xunta polo fermosismo a través da sensibilización cidadá e da colaboración con outras administracións públicas se estenda polo conxunto da comunidade”.

Relacionadas

Xunta e Coca-Cola lanzan un reto a oito centros de FP para Reducir o consumo de auga na pasteurización de refresco

0
— Participan 36 alumnos e nove profesores, que buscarán alternativas para o proceso de arrefriamento co apoio do Centro Galego da Innovación da FP...

Os Servizo de Vialidade Invernal intensifica os traballos de prevención contras as xeadas en...

0
Tralas intensas xeadas caídas esta madrugada en toda a provincia, os equipos do Servizo de Viabilidade Invernal da Deputación de Ourense estiveron a esparexer...

A Xunta destaca o incremento de 1M€ nas axudas para as entidades veciñais ata...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo destacou hoxe en Ponteareas que, coa nova convocatoria que hoxe se publica no Diario Oficial...

A Xunta desenvolverá un programa de vixilancia específico sobre a xestión de residuos industriais...

0
Ángeles Vázquez salienta que o 82% das 8.000 inspeccións realizadas no período 2019-2024 estiveron relacionadas co ámbito dos residuosSó o 14% das inspeccións derivaron...

A Xunta felicita ao Instituto IES Plurilingüe Xosé Neiras Vilas de Oleiros por unha década...

0
— A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita o centro, o único de Galicia que desenvolve este programa — Destaca os...

A Deputación apoia o labor de difusión da gastronomía ourensá no exterior liderada pola...

0
O presidente provincial, Luis Menor, pon en valor os produtos da terra como “os mellores embaixadores” da provincia A Deputación reitera o seu compromiso coas...

Publicacións Relacionadas