Home Xunta de Galicia Ángeles Vázquez avoga por promover a participación xuvenil na gobernanza das reservas...

Ángeles Vázquez avoga por promover a participación xuvenil na gobernanza das reservas de biosfera

- Anuncio -

Fai fincapé na necesidade de implicar á xuventude no desenvolvemento de iniciativas e actuacións que contribúan a garantir a conservación da biodiversidade

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, avogou por promover a participación xuvenil na gobernanza das reservas da biosfera para reforzar o seu compromiso coa conservación da biodiversidade de cara ao futuro.

Durante a reunión que mantivo esta tarde con Irene Montes, representante de España no III Foro da Mocidade IberoMAB que se celebrou o pasado mes de novembro en Brasil, Ángeles Vázquez puxo en valor a concienciación da mocidade galega co coidado e preservación da riqueza natural da Comunidade.

Nesa liña, valorou de xeito positivo iniciativas como a Rede de Xuventude da Rede IberoMAB, na que colabora Irene Montes, ao actuar como mecanismo de coordinación e facilitar o intercambio de coñecementos entre diferentes actores. De feito, Irene Montes avanzou á conselleira o seu proxecto de crear na Reserva de Biosfera Transfronteiriza Gêres-Xurés a primeira rede de xuventude local en España.

No encontro, Ángeles Vázquez e Irene Montes fixeron fincapé na necesidade de implicar á xuventude da contorna no desenvolvemento de iniciativas e actuacións que contribúan a garantir a conservación da biodiversidade, fomentar a súa divulgación e promover un turismo sostible que garanta o equilibrio entre a súa protección e o desfrute por parte de visitantes e veciñanza.

O Foro da Mocidade IberoMAB reuniu na Reserva de Biosfera de Mata Atlântica, en Bahía (Brasil) máis de 70 representantes xuvenís que viven, estudan ou traballan en reservas da biosfera de América Latina, o Caribe, España e Portugal. Entre os obxectivos do encontro, que foi organizado pola Organizado pola Secretaría do Programa MAB de la UNESCO, inclúense, entre outros, fomentar a participación dos máis novos nas actividades e na xestión destes espazos protexidos así como proporcionar recursos para o empoderamento da mocidade a nivel local, rexional e global.

Relacionadas

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
— O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicreques —...

As axudas da Xunta para mellorar a imaxe exterior de vivendas, edificios municipais e...

0
— Ángeles Vázquez explica que as entidades locais poden optar a axudas por importe máximo de 40.000 € e os propietarios particulares, a incentivos...

A Xunta avoga pola colaboración cos axentes privados para potenciar a eficacia do Servizo...

0
O obxectivo da reunión de hoxe coas ETT é que coñezan as potencialidades deste software pioneiro, recoñecido pola Comisión Europea e dispoñible nas 54...

A Xunta incide no compromiso co fortalecemento do emprego de calidade avogando polo diálogo...

0
José González manifestou a preocupación polo futuro dos traballadores afectados en Galicia e reclamou unha maior información por parte do Goberno central, quen ten...

A Xunta leva investidos nos últimos anos cas 190M€ no funcionamento, o equipamento e...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas...

0
— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para...

Publicacións Relacionadas