Free Porn
xbporn
Home A Coruña As alumnas de ‘Muxía en órbita‘, do Instituto IES Ramón Caamaño, representarán...

As alumnas de ‘Muxía en órbita‘, do Instituto IES Ramón Caamaño, representarán a Galicia na fase nacional do programa de satélites da Axencia Espacial Europea

- Anuncio -

— O Centro Integrado de FP Compostela acolleu a presentación de resultados dos 23 equipos participantes na fase galega de Cansat

— O proxecto consiste nun satélite cun paracaídas feito de encaixe de Camariñas

As alumnas do equipo Muxía en órbita, do Instituto IES Ramón Caamaño, alzáronse hoxe gañadoras da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024 cun satélite con paracaídas feito de encaixe de Camariñas. Como tal, representarán a Galicia na fase nacional do certame.
O Centro Integrado de FP Compostela acolleu a presentación de resultados dos 23 equipos participantes neste concurso, no que tomaron parte máis de 140 alumnos de 19 colexios e institutos. O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, asistiu ao acto e felicitou a todos os participantes polos seus satélites, que puxeron a proba o pasado martes no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. Animounos, así mesmo, a seguir interesándose por este tipo de retos tecnolóxicos, que melloran as súas competencias científicas e contribúen dun xeito moi positivo á súa experiencia escolar.
Premios noutras categorías
Ademais do equipo de Muxía en órbita, no acto de hoxe a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP tamén entregaroo os premios a mellor difusión e financiación CoiaSAT para o Instituto IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, a equipo máis profesional para o CPR Compañía de María da Coruña, a mellor logro técnico para o Instituto IES Perdouro de Burela, a mellor misión científica para o Instituto IES Manuel Murguía de Arteixo e o premio honorífico para o CPR Ayala de Ferrol.
Un cansat é unha simulación satélite integrada dentro dunha lata de refrescos. O desafío para o alumnado consiste en introducir nun espazo reducido os principais elementos dun satélite real, como a alimentación eléctrica, os sensores e o sistema de comunicacións. A continuación, lánzase o cansat ou déixase caer desde unha plataforma mediante un dron, un globo cativo, un foguete ou calquera outro método. O experimento científico consiste en lograr unha aterraxe sen danos e a análise dos datos durante o descenso.

Relacionadas

A Xunta ten mobilizado o 83% dos máis de 130M€ de Fondos Next Generatión...

0
— O director de Turismo de Galicia participa na apertura das xornadas técnicas de seguimento dos plans de sustentabilidade turística en destino de Galicia —...

Adxudicación da redacción proxecto básico e de execución para a Rehabilitación do Conservatorio de...

0
O concello de Ribeira segue novamente dando pasos en materia de eficiencia enerxética e sustentabilidade con esta nova adxudicación de redacción de proxecto e...

Música, maxia, mercado de artesanía, mostra etnográfica e degustación de produtos locais, esta fin...

0
A festa abrirase na tarde do sábado 21 de setembro cun concerto de Roi Casal dentro da súa xira “Ambos Mundos” A praza de Ponte...

Comeza o programa “Saber Facer Barrio 2024” para reflexionar sobre emprendemento e oportunidades de...

0
A próxima semana arrinca en Conxo a acción "Saber Facer Barrio 2024", impulsada pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude,...

A Xunta promove a creación de alianzas entre persoas emprendedoras para fortalecer o tecido...

0
— O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou a actividade Facer rede: Construción de alianzas e contactos entre persoas emprendedoras —...

A Xunta aborda nun congreso a situación actual da planta local galega e fórmulas...

0
― O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou xunto con representantes das tres universidades galegas e da Fundación Juana de Vega...

Publicacións Relacionadas