Home Xunta de Galicia As Asociacións de entidades da economía social poderá solicitar desde mañá as...

As Asociacións de entidades da economía social poderá solicitar desde mañá as axudas da Xunta de Galicia para o seu funcionamento

- Anuncio -
  • O DOG publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas, dotada con 330.000 € para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e de empresas de inserción
  • Con elas apóianse ata o 90% dos gastos de funcionamento e o prazo de presentación de solicitudes é dun mes a contar desde mañá
  • Na actualidade, Galicia conta con máis de 3.500 entidades —entre cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas inserción—, das que 230 naceron no último ano

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de achegas de 2025 destinadas a sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, de sociedades laborais, de centros especiais de emprego e de empresas de inserción. A ela a Xunta destina un total de 330.000 euros e ten como fin dar continuidade e facer efectivo o labor das asociacións e entidades da economía social.

O programa conta con dúas liñas de financiamento. A primeira con 230.000 euros vai dirixida ao fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais. A segunda, con 100.000 euros, está destinada ás asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral. En ambos os dous casos apóianse parcialmente (ata o 90%) os seus gastos de funcionamento.

Con estas liñas, a Xunta de Galicia contribúe a consolidar e reforzar o funcionamento das entidades representativas do sector da economía social, coa aposta polo fomento da súa participación aos distintos niveis económicos e sociais e para visibilizar e promover a economía social como motor de crecemento económico sustentable, que crea emprego de calidade, integrador e asentado no territorio.

As entidades interesadas poden cursar as súas peticións desde mañá e ata o próximo 4 de marzo, data na que remata o prazo. Os requisitos e documentación necesaria para presentar as solicitudes poden consultarse na orde que publica hoxe o DOG.

A Economía Social en Galicia

Na actualidade, Galicia conta con máis de 3.500 entidades —entre cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas inserción—, 230 delas nacidas no último ano, que implicaron a preto de 600 novas persoas socias promotoras, a metade mulleres. Ademais, en 2024 a economía social xerou 800 novos empregos.

A estes resultados contribúen axudas como as publicadas hoxe no DOG e outros a prol da competitividade destas entidades como as ordes Aprol Economía Social ou Bono consolida -que publicará proximamente o DOG-, o continuo impulso de actividades formativas e de divulgación ou a rede Eusumo, unha iniciativa con máis dun cento de entidades adheridas e que actúa como xanela única para facilitar información, asesoramento e acceso a axudas europeas, estatais e autonómicas.

Para seguir nesta senda de crecemento, este ano a Xunta dedica á economía social un 2,8% máis que o ano pasado, acadando un investimento bianual entre 2024 e 2025 de máis de 90 millóns de euros.

Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250204/AnuncioG0767-140125-0001_gl.html

Relacionadas

O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia oferta 107 prazas para realizar visitas...

0
— A través do programa ‘Descubrindo o Parque Nacional’, a Xunta ofrece seis rutas de temática histórica e ambiental durante os meses de febreiro,...

A Xunta formou o ano pasado máis de 6.000 efectivos das forzas e corpos...

0
— A actividade realizouse a través da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), que se encargou tamén do proceso de selección de policías locais...

Rueda pon en valor a capacidade de Galicia de ter empresas competitivas en calquera...

0
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor a puxanza do tecido económico de Valga e reflexionou sobre a capacidade que ten...

Belén do Campo anima aos negocios e das empresas do sector servizos a solicitar...

0
— Esta farmacia foi beneficiaria do Bono Enerxía Peme, o ano pasado, o que lles permitiu instalar equipos de climatización e luminarias led — A...

A Xunta continuará a vindeira semana os traballos de limpeza e roza nas marxes...

0
― Proseguirán as tarefas en distintas vías de titularidade da Xunta nos seus percorrido polos municipios de Cedeira, Cerdido, Valdoviño, Ordes, Ribadavia, Ourense, Moaña...

A Xunta recorda a Pablo Hinójar como “unha persoa que revolucionou a ximnasia en...

0
_O secretario xeral para o Deporte asiste á I Gala Homenaxe a Pablo Hinójar e recorda que a Xunta entregaralle a Distinción ao Mérito...

Publicacións Relacionadas