Home Xunta de Galicia As axudas extraordinarias da Xunta para o retorno de persoas emigrantes poderán...

As axudas extraordinarias da Xunta para o retorno de persoas emigrantes poderán solicitarse desde o vindeiro 20 de febreiro

- Anuncio -
  • O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de 2025 destas achegas dotada cun crédito inicial de 2,3 M€ —que se poderá reforzar segundo a demanda— e coa que se estima apoiar unhas 1.000 familias
  • Permiten cubrir necesidades iniciais dos galegos retornados incluíndo, unha axuda específica para as familias con fillos menores e unha para apoiar o acceso a unha vivenda, valorando especialmente o establecemento no rural
  • Desde 2018, lévanse investido 14 M€ para atender a 5.400 familias retornadas —ata 20.000 persoas beneficiadas—­ procedentes de máis de 60 países, sendo Venezuela, Cuba e Arxentina as principais orixes dos beneficiarios, dos que un 54% son mulleres
  • No 2024, a Xunta realizou a maior ampliación de fondos desta liña, o que permitiu cubrir a demanda coa a cifra anual máis alta de solicitudes concedidas ao atender 1.159 familias, que se instalaron en preto de 150 concellos galegos diferentes

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de 2025 das axudas extraordinarias a persoas emigrantes retornadas, dotada cun crédito inicial de 2,3 M€ —que se poderá reforzar segundo a demanda— e coa que se estima apoiar unhas 1.000 familias. As persoas interesadas poderán solicitalas a partir do 20 de febreiro e o prazo de presentación de solicitudes prolongarase ata o 30 de setembro de 2025.

Estas axudas extraordinarias ao retorno encádranse no paquete de medidas da Estratexia Galicia Retorna e son un recurso fundamental, xa que permiten cubrir necesidades iniciais como o establecemento de persoas e familias emigrantes retornadas que deciden fixar a súa residencia en Galicia, axudando á súa integración na comunidade. Neste sentido, poden beneficiarse delas as persoas retornadas galegas nacidas en Galicia e os seus descendentes e os cónxuxes ou parellas de feito. Para iso, deben ter residido fóra de España un mínimo de dous anos antes do retorno e o retorno debe terse producido desde o 1 de xaneiro de 2023 en diante.

A axuda máxima por unidade familiar é de 6.000 euros, incluíndo, ademais dos apoios de carácter xenérico, un específico para as familias con fillos menores de idade que se establezan en Galicia, cun importe de 1.000 euros por fillo ata o segundo fillo, e de 1.500 euros a partir do terceiro, cun incremento do 25 % no caso de que a familia resida nun concello rural. Tamén se inclúe unha axuda de 500 euros por unidade familiar destinada a facer fronte aos gastos derivados das primeiras xestións necesarias para garantir o acceso a unha vivenda.

Resultados de convocatorias anteriores

Entre o 2018 e o 2024, o apoio concedido superou os 14 M€ e lévanse beneficiado desta axuda máis de 5.400 familias retornadas, o que supón arredor de 20.000 persoas entre solicitantes, membros da súa familia e conviventes. Por procedencia, as familias son orixinarias de máis de 60 países sendo Venezuela -máis de 2.100 solicitudes concedidas-, Cuba -preto de 980- e Arxentina –máis de 940- os países predominantes. En relación coas características dos solicitantes, un 54% das persoas beneficiarias son mulleres e nas últimas convocatorias detéctase unha tendencia á alza de persoas retornadas máis novas.

No referido ao 2024, resultaron beneficiarias 1.159 familias por un importe total de 3,5 M€, sendo o  ano no que se rexistraron máis solicitudes concedidas. Estas persoas procedían de 38 países, entre os que destacan Cuba -máis de 480 beneficiarios-, A Arxentina -preto de 240 – e Venezuela -máis de 180 -, e case o 63% son mulleres. Aínda que as provincias da Coruña, con máis de 550 solicitudes concedidas e a de Pontevedra -máis de 240-, son as predominantes na elección do destino para o retorno, destacan en proporción os casos das cidades de Ourense -111 beneficiarios- e Lugo -101-, dentro dunha distribución que favorece a boa parte do territorio -só na última edición, os retornados con estes apoios instaláronse en preto de 150 concellos galegos diferentes-.

Dentro do compromiso coas persoas galegas do exterior, a Xunta realizou na convocatoria do ano pasado a maior ampliación de fondos desde a posta en marcha desta liña de axudas, xa que se publicou cun crédito inicial de 2 M€ que se incrementou en decembro nun 67% ata acadar o total de 3,5 M€.  Deste xeito, cubriuse a elevada demanda permitindo que máis galegos do exterior se poidan establecer en Galicia con apoio económico.

Ligazón á orde no DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250212/AnuncioG0767-160125-0003_gl.html

Relacionadas

A Xunta publica a nova convocatoria de axudas aos concellos para efeciencia enerxética dotada...

0
Anunciouno o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, quen visitou Monforte de Lemos para coñecer as melloras previstas ao abeiro da anterior...

A directora Mar Coll protagoniza unha nova sesión do ciclo sobre cine e perspectiva...

0
A directora catalá Mar Coll protagonizou na tarde de onte un novo cheo na Filmoteca de Galicia con motivo da presentación e proxección da...

Xosé Merelles salienta os máis de 47M€ que destina a Xunta de Galicia para...

0
Fixo balance do apoio de Turismo de Galicia aos hoteis, pensións, casas de turismo rural, cámpings e albergues e anunciou un incremento de 1M€,...

A Xunta insta ao Goberno central a concluír xa o traspaso dos recursos precisos...

0
— O ministro de Política Territorial e Memoria Democrática comprometeuse a continuar sen demora con este proceso na súa resposta á carta enviada polo...

A Xunta presenta a Estratexia Galega de Infraestrutura Verde e avanza na súa execución...

0
As entidades locais poderán solicitar en febreiro achegas de ata 60.000 euros para impulsar refuxios climáticos a nivel local, aumentar a biodiversidade dos espazos...

A Xunta aposta pola mocidade para celebrar o Día Europeo do 112 cunha xornada...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participa nas actividades organizadas no Instituto de Educación Secundaria Ribeira do Louro, onde incidiu na...

Publicacións Relacionadas