Home Xunta de Galicia As Illas Atlánticas será un dos tres parques nacionais que acollerá a...

As Illas Atlánticas será un dos tres parques nacionais que acollerá a iniciativa económica de itegración social “Empregaverde”

- Anuncio -

— Este proxecto, no que tamén participan Doñana e Monfragüe, consiste na formación, apoio e inserción laboral de persoas desempregadas co fin de ofrecerlles unha saída laboral relacionada coa conservación da natureza


— Ofrécense cursos sobre as técnicas de guiado de rutas accesibles e de deseño e comercialización de paquetes de turismo de natureza

O Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, o único co que conta a Comunidade, acaba de ser seleccionado para acoller o desenvolvemento da iniciativa de emprendemento económico e integración social Empleaverde.

Así, as Illas Atlánticas, ao igual que o de Doñana en Andalucía e Monfragüe en Estremadura, será un dos tres parques nacionais que servirán como marco de referencia para impulsar iniciativas relacionadas co emprego verde e a sustentabilidade.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, recibiu esta semana ao director xeral da asociación de persoas con discapacidade psíquica Amicos, Xoán España, que lle presentou as distintas actividades e actuacións que se levarán a cabo e liderará esta asociación na Comunidade galega.

Así, organizadas en diversos bloques, Empleaverde aposta pola formación, apoio e asesoramento para propiciar a inserción laboral das persoas desempregadas —pensando tamén naquelas en situación de vulnerabilidade social ou con maiores dificultades, como as persoas con discapacidade—, ofrecéndolles unha oportunidade naqueles traballos ou oficios que garden relación coa conservación da natureza e o medio natural.

Ademais de ofrecer cursos de guiado de rutas ou espazos turísticos e de interpretación do patrimonio natural, tamén se abordarán cuestións como o ecomarketing, co que deseñar e comercializar paquetes turísticos responsables en Galicia.

Do Campo puxo en valor este tipo de iniciativas que agrupan as oportunidades de emprego e a conservación do medio natural e defendeu que o Goberno galego será un aliado naqueles proxectos que defendan un uso sostible e respectuoso do medio ambiente.

Relacionadas

Arranca a coordinación da Xunta da marca turística do norte peninsular co compromiso de...

0
Este ano, Galicia lidera a organización e coordinación das actividades da marcaAo final de 2024 estará listo o maior corredor ecoturístico que atravesará lugares...

A Xunta convoca catro cursos para membros das forzas de seguridade ao abeiro do...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a oferta formativa para o primeiro semestre deste ano con 184 prazas que suman as catro...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

A Xunta presenta novas campañas de prevención de riscos laborais co gallo do Día...

0
― O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, clausurou hoxe en Ourense a presentación dunha campaña do Instituto de Seguridade e...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cubre once prazas de especialistas no...

0
― O Hospital Provincial acolleu esta mañá o acto de toma de posesión de boa parte dos facultativos, que acadaron praza fixa no Sergas...

A Xunta lamenta que o Partido Socialista Pretenda incumprir a Lei de Costas Estatal...

0
— O conselleiro Román Rodríguez subliña que construír un pavillón neste centro non é unha cuestión de “vontade política” senón de “legalidade” urbanística — Lembra...

Publicacións Relacionadas