Home Xunta de Galicia As Olímpicas Adi Iglesias, Sofía Toro e Marta Bobo participan este sábado...

As Olímpicas Adi Iglesias, Sofía Toro e Marta Bobo participan este sábado nas xornadas sobre muller e deporte organizadas pola Xunta e a Universidade da Coruña

- Anuncio -

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, inaugurará este encontro na Cidade da Cultura, que terá un horario de 9,00 a 14,30 horas e de 16,00 a 19,00 horas

O Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia acollerá este sábado 23 de novembro as xornadas Muller, exercicio e deporte nas diferentes etapas do ciclo vital organizadas pola Cátedra SXD Galicia Activa, froito do convenio asinado dende 2018 entre a Universidade da Coruña e a Xunta . Estas xornadas gratuítas oriéntanse ao perfil poboacional da muller, dando así continuidade ás xornadas dos anos anteriores centradas na poboación en idade escolar e nas persoas maiores, e poboacións con necesidades especiais: embarazo, enfermidade crónica e discapacidade, respectivamente.

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo inaugurará estas xornadas nas que participarán deportistas da talla de Marta Bobo, ximnasta e primeira muller galega en participar nuns Xogos en Os Ánxeles 1984; Sofía Toro, regatista campioa olímpica en Londres 2012; ou Adi Iglesias, atleta campioa paralímpica en Toquio 2020. As xornadas tamén contarán coa participación da directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana.

Nas xornadas, que terán un horario de 9,00 a 14,30 horas e de 16,00 a 19,00 horas, participarán prestixiosos investigadores e investigadoras, que achegarán a súa experiencia respecto aos aspectos hormonais e perfil lesional da muller deportista, exercicio na muller embarazada, exercicio físico en muller postmenopaúsica, seguidas dunha mesa redonda onde participarán deportistas galegas olímpicas e paralímpicas, na que os asistentes poderán formular preguntas e comentarios. Pola tarde terá lugar un relatorio sobre o abandono da práctica deportiva en mulleres e un taller sobre liderado deportivo feminino.

Relacionadas

Xosé Merelles avoga pola producción científica ao redor do Camiño para seguir avivando a...

0
O director de Turismo de Galicia presentou o Codex Calixtinus de Salamanca. Estudios da Edición Facsimilar no que historiadores e filólogos galegos afondan nos...

A Xunta avoga pola recuperación de especies autóctonas para garantir a preservación da biodiversidade...

0
— Ángeles Vázquez subliña que os terreos forestais absorberon 9,7 millóns de CO2 en Galicia no ano 2022, o que representa case a cuarta...

O Centro Superior de Hostalería de Galicia reforza a súa relación con Marriot, a...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo esta mañá un encontro cunha vintena de directivos do norte de España da cadea hoteleira...

A Xunta impulsa a boa acollida aos peregrinos coa edición de dous meteriais do...

0
O director de Turismo de Galicia destacou que este roteiro é o máis concorrido asumindo case o 50% dos peregrinos que chegan a Compostela O...

A Xunta pon en valor os guías do Parque Nacional como un importante activo...

0
— Ángeles Vázquez destaca que, cos máis de 50 guías acreditados nesta edición, son xa preto de 1.200 os formados neste espazo protexido nos...

A Xunta inaugura a mostra ‘Convidadas: dúas miradas de Zuloaga’ en colaboración co Museo...

0
— A institución cultural inicia con esta proposta un novo ciclo que traerá ás súas instalacións obras doutros museos e coleccións españolas — O director...

Publicacións Relacionadas