Home Ourense O Pereiro de Aguiar As piscinas do Complexo Deportivo de Monterrei abren ao público este mércores...

As piscinas do Complexo Deportivo de Monterrei abren ao público este mércores cunha cabida de 1.800 persoas e acceso gratuíto

- Anuncio -

— O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou o parque acuático no concello ourensán do Pereiro de Aguiar


— As piscinas infantil, relax e de ondas, así como a zona splash estarán abertas todos os días ata o 20 de setembro, en horario ininterrompido desde as 12,00 ata as 21,00 horas

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou hoxe o parque acuático do Complexo Deportivo de Monterrei, no concello ourensán do Pereiro de Aguiar, onde anunciou que o as instalacións abrirán ao público o vindeiro mércores día 9. Nesta data poranse en marcha as piscinas infantil, relax e de ondas, así como a zona splash, o acceso independente, vestiarios e aseos.

Segundo indicou Diego Calvo, a entrada será gratuíta para todo o público, co fin de compensar o feito de que nesta campaña de verán as piscinas abran de xeito parcial. O vicepresidente primeiro mostrou o convencemento de que na época estival de 2024 se poderá desfrutar da primeira fase ao completo. Isto suporá engadirlle á oferta dúas novas zonas con tobogáns, mentres que a segunda fase estará xa en execución. Cómpre salientar que esta primeira apertura estará independizada do resto da obra, que segue o seu curso de cara a rematar tamén as outras tres fases do complexo acuático. Durante a execución das obras poderanse utilizar en todo momento as instalacións xa existentes ou finalizadas.

As obras da primeira fase do parque acuático comezaron en novembro de 2021 coa empresa Proyecon Galicia como adxudicataria. Porén, a crise de subministracións e o conseguinte encarecemento dos materiais de construción provocaron a resolución, en xuño de 2022, do contrato adxudicado e a apertura dun novo proceso, do que resultou adxudicataria a UTE formada por Ogmios Proxecto e Prace Servizos e Obras e que permitiu que agora o parque acuático de Monterrei abra as súas portas.

A finalización e posta en marcha desta primeira parte do parque acuático coincide coa adxudicación do contrato da xestión, mantemento e limpeza das piscinas de Monterrei para esta campaña de verán, que finalmente recaeu en Osventos Innovación e Servizos S.L. por un importe de máis de 120.000 euros.

Tras a inauguración da fase cero ou deportiva do Complexo Deportivo de Monterrei a inicios de 2021, cun orzamento dun millón de euros e cunha pista polideportiva descuberta, unha pista de tenis cuberta e outra descuberta, dúas pistas de pádel cubertas e outras dúas descubertas, a ampliación da cuberta da pista de atletismo e unha nova instalación de pump track indoor, a primeira fase do parque acuático terá un orzamento global duns sete millóns de euros. O proxecto de reforma do novo complexo lúdico-deportivo de Monterrei nas súas catro fases conta cun orzamento inicial de máis de dez millóns de euros.

Relacionadas

Máis dun centenar de universitarios desempregados benefícianse das bolsas da Xunta para cursas un...

0
— Por universidades, 67 dos beneficiarios estudan un máster na Universidade de Vigo, 26 na da Coruña e 12 na de Santiago de Compostela —...

A Xunta define o retorno do talento dos galegos do exterior coma unha ferramenta...

0
José González remarcou a aposta do Goberno galego pola integración sociolaboral dos emigrantes galegos -así como pola captación de traballadores de terceiros países-, a...

O corte de tráfico por obras na Avenida das Caldas aprázase até despois das...

0
O corte de tráfico da Avenida das Caldas aprázase até despois das Festas do Nadal. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, atendendo a...

A folga estatal do sector de transporte afectará o luns a 6 liñas do...

0
A folga de ámbito estatal do sector de transporte afectará o vindeiro luns, día 9 de decembro, a 6 liñas do servizo municipal de...

A parada de taxis da Alameda trasládase durante un mes á rúa Parada Justel...

0
Con motivo da instalación do Poboado de Nadal, a parada de taxis da Alameda trasladarase provisionalmente á rúa Parada Justel desde mañá, sábado, día...

O ‘Gastrohub’ incrementa a oferta formativa do Centro Superior de Hostalería de Galicia cun...

0
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asinou esta mañá o contrato de adxudicación da obra de creación do ‘Gastrohub’, con Santiago Ferreiro,...

Publicacións Relacionadas