- Coa organización e patrocinio da Asociación Cultural O Chopo, durante a mañá do vindeiro domingo 5 de xaneiro, os doentes ingresados nos andares do Hospital Provincial de Pontevedra, acompañados polos seus familiares, recibirán a visita e obsequios de Melchor, Gaspar e Baltasar xunto co seu séquito de paxes reáis
- Xa pola tarde, ás 17 horas, as súas Maxestades de Oriente, continuarán a súa estadía no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, recibindo aos fillos dos traballadores e profesionais do centro sanitario público pontevedrés, no salón de actos do hospital Montecelo
As súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, xunto co seu séquito de paxes reais, visitarán o vindeiro domingo 5 de xaneiro de 2025 o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra para repartir ledicia e agasallos a pacientes, meniños e familiares, nunha xornada intensa que estará marcada pola emoción e a ilusión de maiores e pequenos.
Deste xeito, coa organización e patrocinio da Asociación Cultural O Chopo, durante a mañá do vindeiro domingo 5 de xaneiro, os doentes ingresados nos andares do Hospital Provincial de Pontevedra, acompañados polos seus familiares, recibirán a visita e obsequios de Melchor, Gaspar e Baltasar xunto co seu séquito de paxes reáis.
Xa pola tarde, ás 17 horas, as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, continuarán a súa estadía no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, recibindo aos fillos dos traballadores e profesionais do centro sanitario público pontevedrés, no salón de actos do hospital Montecelo, aos que lles entregarán agasallos e doces.
Nota dos paxes reais de Oriente
Os paxes reais de Oriente notifican que todos aqueles pais ou familiares de meniños que desexen que os nenos reciban un agasallo das súas Maxestades, os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar o vindeiro domingo 5 de xaneiro de 2025 no salón de actos de Montecelo, poden depositar no mostrador principal de Información do vestíbulo deste mesmo centro durante todo o sábado 4 de xaneiro e ata as 16 horas do mesmo domingo 5 de xaneiro os regalos cunha breve nota persoalizada e algunha mensaxe específica para transmitirlles aos meniños.