Home Xunta de Galicia As visitas nos Museos da Xunta medran un 23% no ano 2024...

As visitas nos Museos da Xunta medran un 23% no ano 2024 ata superar as 570.000 persoas

- Anuncio -

— No balance do exercicio están incluídos 13 centros xestionados polo Executivo autonómico nas catro provincias galegas

— Entre os espazos, destaca o incremento de afluencia no Museo Gaiás, na Cidade da Cultura, ao que se achegaron 242.222 persoas, o maior número da súa historia

— O Museo das Peregrinacións e de Santiago, o CGAC ou o Museo de Belas Artes da Coruña son outros dos centros máis concorridos

Os museos xestionados pola Xunta de Galicia recibiron durante o 2024 un total de 576.866 visitantes, o que supón un 23% máis que no ano anterior, cando o balance do exercicio sumou 468.612 visitas en 13 equipamentos.
O incremento de afluencia máis destacado do ano rexistrouno a Cidade da Cultura coa participación de 242.222 persoas nas exposicións e actividades do Museo Gaiás que en 2023 contabilizara 113.000. Neste senso, destacaron as mostras Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum, á que acudiron 39.798 persoas entre marzo e agosto, e Unha vida viquinga, con 60.123 desde xullo ata este 5 de xaneiro de 2025. Tamén o Museo das Peregrinacións e de Santiago aumentou as súas cifras con 60.986 asistentes, 12.000 máis que o ano pasado, cunha programación na que a gran protagonista foi Verba Volant Picta Manent, unha selección de obras coas que se conmemoraron os 25 anos do inicio das exposicións temporais no centro.

A estes dous espazos séguenlle en número de visitas o Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago, e o Museo de Belas Artes na Coruña. O primeiro recibiu no 2024 a 55.030 persoas que puideron gozar de propostas como Mayte Vieta. El sonido del mar ou Novos Imaxinarios, dúas mostras que rematarán este mes de xaneiro. Pola súa parte, o Museo de Belas Artes contou con 50.626 visitantes cun programa no que destacou unha recompilación das doazóns recibidas para a súa colección entre 2015 e 2023. Tiveron tamén moi boa acollida as exposicións Torre de la Parada ou Arquitecturas que falan do seu tempo, aínda dispoñible ata o 23 de febreiro. Tamén na provincia da Coruña, o Museo Camilo José Cela, en Padrón, sumou 4.890 visitas tanto á súa exposición permanente como a outras actividades impulsadas pola entidade do Goberno galego entre os que se inclúe o ciclo musical Extramundis nun ano no que se adheriu como recurso turístico asociado á Ruta dos Xardíns da Camelia.

En canto aos centros da provincia de Pontevedra, o Museo do Mar de Galicia, en Vigo, que acolleu mostras temporais como Luísa Villalta. A música das palabras, As mulleres e o mar. O traballo femenino nas industrias martítimas de Galicia. Séculos XIX e XX, ou Plácido R. Castro. Unha Galicia soñada, dispoñible ata o día dous de marzo, acadou unha afluencia de 39.158 persoas. Pola súa banda, foron 18.512 os visitantes que se achegaron ao Museo Massó de Bueu, no que as obras de mellora das instalacións descentralizaron a actividade do 2024 das exposicións temporais, baseándose en obradoiros e visitas guiadas cun grande éxito do percorrido pola fábrica de salgadura de Mourisca. A estas cifras hai que engadir as 12.529 persoas que acudiron ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Pola súa banda, en Ourense, o Museo Arqueolóxico Provincial rexistrou un total de 15.931 entradas para profundar nos seus fondos, seguindo coa súa campaña de presentar ao público unha peza cada mes. No que respecta ao Museo Etnolóxico, foron 11.908 os visitantes contabilizados nun ano no que sobresaíu a mostra Ribadavia no seu patrimonio relixioso e que puxo en valor a riqueza patrimonial conservada na zona neste ámbito. Tamén en Ribadavia, o Museo do Viño de Galicia recibiu a 6.907 persoas. Ademais, o Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, en San Cibrao de Las, tivo 10.386 visitas.

En Lugo, interesáronse en coñecer o Museo do Castro de Viladonga un total de 47.781 persoas, seguindo na mesma liña de visitas que en 2023. Neste senso, durante o ano pasado destacou entre a súa oferta cultural a mostra O acibeche no mundo antigo. Unha aproximación dende o Castro de Viladonga, froito dunha intensa investigación levada a cabo desde a institución museística.

Relacionadas

A Xunta convoca hoxe as probas de avaliación en competencias clave para acceder á...

0
A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, avaliará os coñecementos en matemáticas, lingua galega, lingua castelá e inglésEstá dirixida a persoas que...

A Xunta salienta que o Censo do patrimonio marítimo servirá de base para elaborar...

0
— Ángeles Vázquez indica que esta iniciativa, que é desenvolvida pola Universidade da Coruña con financiamento do Goberno galego, permitirá ofrecer datos clave para...

A Xunta designa o trbunal para as probas de aptitude profesional para exercer como...

0
o longo de 2025 haberá oito convocatorias en distintas categorías co obxectivo de  acadar os certificados profesionais para a condución de distintas categorías de...

Belén do Campo anima aos alumnos de Secundaria a participar no Concurso #PARQUEVIBRAS creando...

0
― A delegada destacou que esta nova iniciativa busca dar a coñecer entre a mocidade galega os seis parques naturais de Galicia para concienciar...

As visitas nos Museos da Xunta medran un 23% no ano 2024 ata superar...

0
— No balance do exercicio están incluídos 13 centros xestionados polo Executivo autonómico nas catro provincias galegas — Entre os espazos, destaca o incremento de...

A Xunta salienta o impacto social e económico do automobilismo en Galicia

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañados polo delegado territorial...

Publicacións Relacionadas