HomeXunta de GaliciaBelén do Campo asiste á segunda sesión da ópera "Carmén" de G.Bizet...

Belén do Campo asiste á segunda sesión da ópera “Carmén” de G.Bizet que inaugura a tempada lírica da Coruña

- Anuncio -spot_img

A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu esta tarde, á apertura da Tempada Lírica 2025 organizada pola Asociación de Amigos da Ópera da Coruña, unha entidade comprometida coa promoción e difusión do xénero operístico.

O acto inaugural celebrouse no Palacio da Ópera coa segunda posta en escena da célebre ópera Carmen, de Georges Bizet, interpretada pola Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a batuta do mestre Gianluca Martinenghi e coa dirección escénica de Calixto Bieito.

A representante autonómica salientou a importancia de apoiar iniciativas culturais de primeiro nivel como a Tempada Lírica da Coruña, “unha programación que proxecta a cidade e a Galicia no panorama musical internacional, ao tempo que reforza o acceso da cidadanía á cultura de calidade”.

A Xunta de Galicia colabora co desenvolvemento desta tempada que, ano tras ano, achega ao público galego títulos de referencia do repertorio operístico e intérpretes de prestixio internacional.

Publicacións Relacionadas