Rosa Cedrón, nacida en Monforte de Lemos, é unha das artistas máis versátiles e influentes da música galega contemporánea
A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu ao ingreso de Rosa Cedrón na Real Academia de Belas Artes. A recoñecida violonchelista e cantante galega Rosa Cedrón foi nomeada académicaden recoñecemento á súa destacada traxectoria artística e á súa contribución á música e á cultura galega.
Rosa Cedrón, nacida en Monforte de Lemos, é unha das artistas máis versátiles e influentes da música galega contemporánea. Formada como violonchelista, combinou a súa carreira como instrumentista cunha destacada faceta como cantante, sendo unha das voces máis recoñecibles de Galicia. Durante a súa etapa como vocalista do grupo Luar na Lubre, contribuíu á internacionalización da música tradicional galega, levando o seu son a escenarios de todo o mundo.
Na súa traxectoria en solitario, Cedrón explorou diferentes xéneros musicais, desde a música tradicional ata o pop e a música clásica, sempre mantendo un firme compromiso coa cultura galega. Ademais, colaborou con artistas de renome nacional e internacional, consolidándose como unha embaixadora cultural de Galicia.