A procesión partiu ás 11:00 horas desde o templo dos Padres Capuchinos e percorreu o contorno da Praza de Vigo, onde tivo lugar a tradicional bendición dos ramos de oliveira e das palmas, un dos momentos máis significativos da xornada
A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou esta mañá na procesión da Borriquilla unha das citas máis emblemáticas da Semana Santa coruñesa.
Durante a súa asistencia, a representante do Goberno galego puxo en valor “o ambiente familiar e participativo que se vive nesta procesión, na que os ramos de oliveira e as palmas, foron os protagonistas dun acto cargado de simbolismo e tradición”.
A procesión partiu ás 11:00 horas desde o templo dos Padres Capuchinos, na rúa Federico Tapia, e percorreu o contorno da Praza de Vigo, onde tivo lugar a tradicional bendición dos ramos de oliveira e das palmas, un dos momentos máis significativos da xornada.
A delegada destacou tamén o labor da confraría organizadora, fundada en 2005, así como o valor artístico da talla que representa a entrada de Xesús en Xerusalén, “un exemplo do patrimonio imaxineiro contemporáneo que contribúe a enriquecer a Semana Santa coruñesa”.
Así mesmo, subliñou que esta celebración forma parte dos actos que se desenvolven na cidade desde o Venres de Dores ata o Domingo de Resurrección, “convertendo a Coruña nun punto de encontro para veciñanza e visitantes arredor das tradicións”.
Finalmente, animou á cidadanía a seguir participando nestas celebracións “un legado cultural que forma parte da identidade da cidade”.

