Home Xunta de Galicia Belén do Campo informa do compromiso daXunta coas dotacións culturisa locais a través...

Belén do Campo informa do compromiso daXunta coas dotacións culturisa locais a través de dúas axudas para actividades de fomento da lectura e para mellorar os seus fondos

- Anuncio -

― A delegada explicou o programa ‘Ler conta moito’, unha liña dotada con 195.000€, que está dirixida a colaborar cos concellos na programación de iniciativas de dinamización da lectura, co prazo aberto ata o 14 de febreiro

― A Xunta tamén ten aberta outra orde axudas aos concellos para mellorar os fondos das súas bibliotecas e axencias de lectura, co prazo aberto ata o 21 de febreiro

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Severino Álvarez, visitou a biblioteca municipal Rego da Balsa de Carballo, para informar de dúas ordes de axudas que están abertas, nestes momento,s para apoiar as dotacións culturais locais, concretamente ás bibliotecas e ás axencias de lectura. Este centro cultural foi beneficiario de ambas axudas por un importe de máis de 8.000 euros o ano pasado.
A representante do Goberno autonómico explicou que a provincia da Coruña conta con 128 dotacións culturais locais integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, das cales 94 son bibliotecas munipais e 34 axencias de lectura, concretamente a comarca de Bergantiños-Costa da Morte conta con 16 bilbiotecas municipais e 10 axencias de lectura nos concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Cee, Cerceda, Corcubión, Coristanco, Dumbría, A Laracha, Laxe, Muxía, Malpica, Ponteceso, Vimianzo e Zas
Neste senso apuntou que o programa ‘Ler conta moito‘, que ten o prazo aberto ata o 14 de febreiro, son axudas para apoiar o libro e a lectura a través das subvencións dirixidas a concellos para a realización de actividades de animación en bibliotecas e axencias de lectura. Este programa impulsou, durante o último ano, máis de 600 propostas para todos os públicos.
Belén do Campo informou, na visita, que a liña de axudas está dotada con 195.000€, e vai dirixida a colaborar coas entidades locais que as soliciten e estean integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia. As axudas que se reciban non poderán superar o 75% do gasto subvencionable.
Actividades nas bibliotecas para todos os públicos
O catálogo de Ler conta moito publicarase en febreiro e incluirá actividades dirixidas a potenciar a imaxe das bibliotecas e fomentar a diversidade e o acceso igualitario á cultura con propostas que promoven a lectura, a escritura, a creación artística, a difusión da cultura e a lingua galega, a divulgación do coñecemento, o pensamento crítico, a innovación ou a creatividade.
Deste xeito, inclúense iniciativas como obradoiros creativos, de narración oral como contacontos, exposicións ou charlas, propostas de divulgación literaria como encontros con autores, clubs de lectura e similares, así como outras de divulgación científica sobre temas de interese social ou cultural. Así mesmo, no catálogo tamén poden atoparse propostas do audiovisual como proxeccións, audicións, ciclos arredor do cine e a música, creación de contidos dixitais, proxectos de artes escénicas, exposicións ou roteiros para descubrir escenarios literarios, entre outros.
Axudas mellora de fondos
A delegada tamén lembrou que a Xunta destina outros 550.000€ para axudar aos concellos a mellorar os fondos das súas bibliotecas e axencias de lectura. Estes apoios van dirixidos a adquirir novidades editoriais en galego e para a mellora das súas colección bibliográficas. Como requisito para acadar calquera destas axudas, que impulsa a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, as entidades interesadas deberán formar parte da Rede de bibliotecas públicas de Galicia e poderán enviar as súas solicitudes ata o vindeiro 21 de febreiro, que se pechará o prazo.
Neste senso, a representante do Goberno galego puxo en valor o compromiso do Executivo autonómico para “impulsar e facilitar tanto a adquisición de novidades editoriais como outros materiais para as súas coleccións bibliográficas nos centros de titularidade municipal”. Unha acción, puntualizou, “que repercute directamente na cidadanía e no seu acceso ao coñecemento”.
Tal e como explicou a delegada, a orde divídese en dous programas. Por unha banda, destínanse 200.000 euros para a compra de libros en galego en formato físico que estean editados entre setembro de 2024 e setembro de 2025. Deste xeito, a contía das axudas que corresponderá a cada entidade determinarase en función do número de habitantes de cada concello, repartíndose un máximo de 500 euros aos de menos de 2.001 habitantes, ata unha achega de 3.500 euros os de máis de 50.001 persoas.
Por outra banda, o segundo programa ten como finalidade posibilitar a mellora dos fondos bibliográficos que configuran as coleccións das bibliotecas públicas municipais de Galicia, para colaborar na súa actualización e mantemento, e dar resposta á demanda das persoas usuarias. Así, o Goberno galego dota esta liña con 350.000 euros para a compra de monografías, material sonoro, videogravacións, recursos electrónicos, partituras e material cartográfico.
Do mesmo xeito que o primeiro programa que se recolle nesta orde, as achegas repartiranse en función da densidade de poboación, cun máximo de 800 euros aos que non superen os 2.001 habitantes e unha subvención de ata 5.000 euros para aqueles que conten con máis de 50.001 habitantes.

Relacionadas

A Xunta enxalza os traballos creativos realizados polas usuarias do Centro Ocupacional Exclavas de...

0
O Executivo galego financia con máis de 1,6 millóns de euros un total de 79 prazas de atención residencial e diúrna neste centro A directora...

A Xunta colaborará co Colexio de Biólogos de Galicia para formar ao colectivo sobre...

0
En concreto, a intención é que ambos organismos cooperen na promoción de actividades divulgativas dirixidas a distintos colectivos e dun curso só para colexiados A...

A Xunta aborda na comisión de seguimento do convenio co Goberno Central sobre a...

0
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou xunto ca subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, no encontro no que se abordou o...

A Xunta investirá 1 m€ para rematar antes de 2027 os Plans de Xestión...

0
Salienta a rigorosidade coa que traballa o Goberno galego para protexer Galicia e sinala que a normativa de aplicación para a protección desta Rede,...

A Xunta aproba unha nova planificación para liderar a acción climática en España, con...

0
— Ángeles Vázquez explica que o PRIEC guiará dunha forma transversal as políticas galegas no eido da mitigación, a adaptación, a investigación e a...

Rueda destaca o papel dos empresarios e autónomos galegos á hora de consolidar Galicia coma unha...

0
 Agradécelles a súa contribución para que a comunidade pechase 2024 con bos datos de exportacións, o paro en mínimos históricos e a cifra...

Publicacións Relacionadas