Home A Coruña Belén do Campo participa na presentación do “Fisterra Experience 2024”que terá lugar...

Belén do Campo participa na presentación do “Fisterra Experience 2024”que terá lugar durante este fin de semana no marco dos concertos apoiados pola Xunta 

- Anuncio -

 A representante do Goberno galego participou hoxe na rolda de prensa de presentación do evento

 O festival celebra a súa IX edición do venres 28 de xuño ao domingo 30 de xuño

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou hoxe na rolda de presentación do festival de música “Fisterra Experience 2024”, onde destacou que “este evento é unha mostra da calidade musical pola que aposta a Xunta cun cartel que mestura artistas fundamentalmente galegos con gran variedade de ritmos musicais”. A representante do Goberno autonómico destacou que este evento contará cun apoio da Xunta de Galicia de 40.000 euros.

Neste senso, a delegada subliñou “a importancia deste tipo de festivais como unha oportunidade para trasladar aos turistas e peregrinos que Galicia é unha comunidade cunha oferta turística sen precedentes, coa excelencia e a calidade como bandeira duns recursos e medios sen parangón”, indicou.

Belén do Campo sinalou que “este verán volve a ser unha oportunidade única para Galicia, para seguir facendo visible o que temos que aportar a España e ao resto do mundo” e recalcou que “no 2023 se entregaron máis de 446.000 compostelas -o que supón un 1,8 % máis que no mesmo período de 2022 que foi un ano Xacobeo no que se bateron todos os récords e Galicia acadou, a ano pasado, máis de 7 millóns de viaxeiros que fixeron 13,3 millóns de noites, é dicir, un 6,6 e un 5,8 % máis, respectivamente, que no 2022 “. Neste 2024, puntualizou, “queremos seguir batendo récords e a Costa da Morte é un destino con grandes posibilidades turísticas”.

Os interesados poden consultar a programación e os artistas a través da páxina web do festival fisterrablues.gal

Relacionadas

A Xunta lamenta que o Goberno non atendese as súas alegacións ao novo regulamento...

0
― José González remarcou a falta de sensibilidade do Executivo ante a postura defendida por Galicia en coordinación co terceiro sector, desbotando a figura...

A Xunta desenvolve un proxecto piloto para instalar puntos de carga sostibles en centros...

0
— Ángeles Vázquez subliña que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destinará 170.000 euros para financiar actividades e formación de persoal e...

A Xunta destaca a importancia de que as entidades asentadas no territorio e coñecedoras...

0
— Ángeles Vázquez salienta que a súa contribución é vital para optimizar a xestión e a protección daqueles elementos de valor máis sensibles en...

Xosé Merelles gaba o papel diversificador do Camiño de Inverno que medrou o 42%...

0
— O director de Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración coa Asociación de Municipios para a promoción e mellora da experiencia dos...

A Xunta prevé executar en 2025 labores de conservación e limpeza en arredor de...

0
— Ángeles Vázquez salienta que o organismo hidráulico destinará 2,7 M€ o vindeiro ano á realización deste tipo de traballos, que inclúen a retirada...

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

Publicacións Relacionadas