HomeA CoruñaBelén do Campo supervisa o investimento realizado de máis de 52.000€ na...

Belén do Campo supervisa o investimento realizado de máis de 52.000€ na mellora do alumeado público en 4 rúas de Coristanco ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental non Competitivo

- Anuncio -spot_img

A delegada da Xunta puxo en valor que con esta actuación ademais de mellorar o servizo prodúcese unha redución do consumo enerxético dun 66%, o que implica unha diminución do gasto municipal en torno aos 3.000 € ao ano

A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, supervisaron a actuación de renovación do alumeado público realizado ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental, na súa liña non competitiva, destinado a apoiar os concellos na mellora do medio natural. Concretamente actuouse nas rúas Avenida de Fisterra, rúas Charrúa, Calvario e Muíño cun apoio da Xunta de máis de 52.000 euros.
A delegada da Xunta explicou que a intervención consistiu na renovación das instalacións e ampliación de sectores de vías iluminadas por emprego de luminarias LED dunha eficiencia e prestacións moita máis elevadas que as actuais luminarias, ademais de levar a cabo un mellor axuste do horario de acendido e regulación de funcionamento en horario de madrugada.

Concretamente, colocáronse un total de 57 novas luminarias led, dous novos centros de mando en substitución dos actuais, que se encontran deteriorados e renováronse outros elementos do alumeado, como tramos de condutor e brazos de suxeición.

A representante do Goberno autonómico puxo en valor que con esta actuación ademais de mellorar o servizo prodúcese unha redución do consumo enerxético dun 66%, o que implica unha diminución do gasto enerxético municipal en torno aos 3.000 €/ano.

FCA 2025
O Fondo de Compensación Ambiental nas súas dúas liñas, competitiva e non competiviva conta, para este ano, cun orzamento de 11,2 millóns de euros. Belén do Campo lembrou que esta orde foi creada para distribuír o canon eólico en beneficio da conservación e restauración da contorna, así como do reequilibrio territorial. A través destas axudas, sinalou, contribúese a acadar unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro á atmosfera e, ao mesmo tempo, un descenso na factura de enerxía dos concellos.

Polo tanto, os proxectos financiados supoñen -engadiu- “un efecto exemplarizante para concienciar á veciñanza da importancia de apostar pola eficiencia enerxética e pola sustentabilidade”. Nesta liña, puxo en valor o papel do FCA na recuperación sostible dos concellos galegos a través das súas liñas a non competitiva, dirixida aos concellos nos que haxa parques eólicos ou afectados pola conexión ou vía de evacuación e a competitiva destinada a todos os municipios e a mancomunidades ou consorcios locais de Galicia que presenten os seus proxectos. Para optar a ambas, cada entidade local pode presentar ata dúas solicitudes, sempre que unha sexa individual e outra conxunta. Cada unha das peticións debe corresponderse cun único proxecto, que, no caso das solicitudes individuais de concellos, pode abranguer varias accións.

Administración Local
Na visita Belén do Campo destacou que este concello recibe, neste ano 2025, outra axuda da Dirección Xeral de Administración Local de máis de 34.000 euros para dotar de accesibilidade a diversas instalacións municipais situadas na área recreativa da Rocheira e no edificio sociocultural da orde de mellora de Infraestruturas de uso público.

Publicacións Relacionadas