Home A Coruña Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes...

Belén do Campo visita as actuacións de revalorización do Castro de Montes Claros realizadas co apoio da Xunta

- Anuncio -

A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer en valor este xacemento

A delegada da Xunta, Belén do Campo, visitou esta mañá, acompañada polo e polo alcalde da Laracha, José Manuel Varela e polo director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Severino Álvarez o castro de Montes Claros no que se levaron a cabo traballos de campo para a súa revalorización. Concretamente, co apoio da Xunta seguiuse avanzando na consolidación e acondicionamento deste castro co obxectivo de ampliar a súa investigación e revalorización. Cun orzamento de 10.300€, estas tarefas veñen dar continuidade aos traballos realizados desde o ano 2017 para favorecer a posta en valor deste ben catalogado e concéntranse, nesta ocasión en ampliar as tarefas de investigación e rexistro deste xacemento.
Os labores consistiron en determinar a finalidade das construcións localizadas ao pé da entrada leste do poboado, na primeira terraza fóra da croa ou barrio extramuros, a intervención con metodoloxía arqueolóxica, realizase a diagnose do estado de conservación, a musealización e a consolidación dos restos arqueolóxicos descubertos. Ademais, tamén se fixo un levantamento topográfico, en tres dimensións, da área de actuación e un debuxo das estruturas exhumadas. Todo isto completouse coa recollida de mostras e documentación gráfica.
Neste espazo tamén se levou a cabo unha segunda actuación de promoción municipal centrada na investigación da porta monumental, calzada de entrada e torreón leste.
Belén do Campo destacou que o castro de Montes Claros consolídase como un dos enclaves arqueolóxicos máis significativos de Galicia, destacando polo seu valor histórico, cultural e patrimonial.
Este asentamento, que data da época prerromana, ofrece unha xanela única á vida das comunidades castrexas que habitaron a nosa terra fai máis de dous mil anos. Cos seus impresionantes restos arquitectónicos e a súa privilexiada localización, este xacemento non só é un testemuño do enxeño e a organización das sociedades antigas, senón que tamén representa un recurso cultural e turístico clave para a comarca de Bergantiños.
Seis actuacións na provincia da Coruña
A actuación enmárcanse no Plan de intervencións arqueolóxicas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que neste ano contempla un total de 32 accións en 30 concellos de toda Galicia. A Xunta fai un investimento total no Plan de intervencións arqueolóxicas 2024 de 551.162€, destinando á provincia da Coruña 74.100€.
No caso da provincia da Coruña, inclúense seis intervencións entre as que destacan as intervencións no campamento romano de Ciadella (Sobrado) e en Montes Claros A Laracha, e na escavación arqueolóxica no castro de Sarridal (Cedeira). Son proxectos que se completan con outros en Zas (Camiño Pedra do Altar), e cos realizados na cámaras megalíticas en Noia, Boiro e Ribeira, e nos petróglifos localizados no lugar de Balteiro.

Relacionadas

O goberno ribeirense apoia a veciñanza de Aguiño e solicita que Sanidade cubra todas...

0
Hoxe, diante do Concello de Ribeira produciuse unha concentración masiva na que se fixo entrega de máis de 2600 sinaturas para reclamar a presenza...

O Concello acorda con Augas de Galicia un prazo de seis meses para estudiar...

0
 O goberno municipal reuniuse a pasada semana co organismo autonómico e presentoulle as auditorías externas que analizaron o estado das redes de abastecemento...

Un total de 147 asociacións de nais e pais que xestionan comedores escolares acceden ás axudas...

0
— O Goberno galego reforzou nos últimos anos esta liña, o que fai que estas asociacións reciban hoxe case o tripo do importe que...

O Concello completa a restauración do muíño do parque de Santa Margarida

0
A alcaldesa visitou a contorna para supervisar os traballos levados a cabo no enclave, un dos elementos etnográficos de maior relevancia do parque Inés Rey:...

Neda activará un programa para que a xente maior aprenda a quitarlle partido aos...

0
O Concello porá en marcha cursiños sobre competencias dixitais coa axuda da Deputación da Coruña O Concello de Neda reforzará, co apoio da Deputación da...

O alcalde de Brión entrega os premios do Concurso de Tarxetas de Nadal e...

0
O alcalde de Brión, Pablo Lago, fixo entrega dos premios do tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, un certame que este ano acadou a...

Publicacións Relacionadas