HomeXunta de GaliciaBenigno López Moure gaña o VII Premio Daniel Domínguez de Guión en...

Benigno López Moure gaña o VII Premio Daniel Domínguez de Guión en galego patrocinado pola Xunta

- Anuncio -spot_img

O VII Premio Daniel Domínguez de Guión en Galego que convoca a Asociación Galega de Guionistas co patrocinio da Xunta de Galicia recaeu en Benigno López Moure, pola súa obra Monstros, da que o comité avaliador destacou “o dominio impecable dos códigos do thriller, a profundidade psicolóxica dos personaxes e a valentía de abordar unha temática incómoda cunha mirada autoral comprometida coa complexidade moral da historia”. Na convocatoria deste ano tamén se distinguiron os outros dous traballos finalistas: Amparo, pero non olvido, de Luis Miles, e Onda tras onda, de Daniel Cornes.

Así se puxo de manifesto no acto de entrega do galardón celebrado este mediodía na sede da SGAE de Santiago de Compostela, no que participou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, para expresar o apoio do Goberno galego ao labor da escrita individual como punto de partida determinante dos proxectos que chegan con éxito ás pantallas.

Publicacións Relacionadas