Home Xunta de Galicia Case 100 mulleres migrantes participaron no proxecto Malaikas que desenvolve a Fundación...

Case 100 mulleres migrantes participaron no proxecto Malaikas que desenvolve a Fundación Juan Soñador co apoio da Xunta nas catro provincias

- Anuncio -

― O Goberno galego traballa para reforzar o liderado destas mulleres en situación de vulnerabilidade a través da iniciativa, que conta con intervencións nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo
― Nos espazos do programa ofreceuse en 2021 acollida e información ás mulleres co obxectivo de reforzar as súas relacións sociais e o intercambio cultural
― Un total de 62 mozas e mozos en situación de vulnerabilidade participaron en sesións da actuación Berrando ao Mundo, outra das iniciativas apoiadas pola Xunta que traballa coas relacións afectivas, a identidade de xénero e a loita contra a violencia
― A secretaria xeral da igualdade, Susana López Abella, reuniuse hoxe con representantes da directiva Juan Soñador para facer balance desta e outras iniciativas e definir futuras colaboracións
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2022.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse hoxe no seu despacho do edificio administrativo de San Lázaro, con representantes da Fundación Juan Soñador, entidade que promove, con apoio da Xunta, o proxecto Malaikas -para o empoderamento de mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade- e o programa Berrando ao Mundo, dirixido á intervención con mozas e mozos en risco de exclusión social e/ou expostos á violencia.
A través das axudas á iniciativa Malaikas, a Xunta potencia o apoio social ás mulleres migrantes, coa finalidade de mellorar o seu benestar emocional, sensibilizar á sociedade da súa situación, e favorecer o seu crecemento persoal e relacións sociais.
Un total de 92 mulleres integraron o grupo Malaika en 2021, no marco do proxecto dirixido pola Fundación Juan Soñador nos seus espazos das cidades da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo. Trátase de ofrecerlles un lugar ao que acudir para se informar e utilizar medios tecnolóxicos, así como para facilitarlles un entorno de contacto con outras persoas e favorecer o seu intercambio cultural. Estas mulleres representan unha vintena de nacionalidades e no 36% dos casos carecen de rede familiar de apoio, polo que este recurso é aínda máis importante para elas.
Malaikas ofrece ademais encontros formativos e obradoiros nos que as participantes interveñen abertamente e nos que se fomenta a estabilidade dos grupos para reforzar os vínculos. Tamén se celebran xuntanzas lúdico-festivas coa mesma finalidade, nas que as mulleres coñecen as súas localidades de residencia, festas locais, a gastronomía, etc.
Berrando ao mundo
A Xunta apoiou tamén o ano pasado o programa de intervención con adolescentes e mocidade en risco de exclusión social e expostos á violencia de xénero Berrando ao mundo. Un total de 62 persoas de entre 12 e 18 anos tomaron parte nos grupos de traballo conformados tamén na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, nos que se abordaron cuestións relacionadas coa autoestima, os roles de xénero, as relacións amorosas ou a violencia nas redes, entre outras.
A Fundación Juan Soñador é unha entidade sen ánimo de lucro que ten como un dos seus obxectivos fundacionais desenvolver proxectos de promoción social de barrio, mediante iniciativas socioeducativas, culturais, de ocio e tempo libre e de promoción da muller e da igualdade de xénero. A entidade percibiu o ano pasado apoios da Xunta por valor de máis de 66.000 euros, tanto para o desenvolvemento do proxecto Malaikas (35.000 euros), como do programa Berrando ao Mundo (14.854 euros) e para promover itinerarios para mulleres migrantes en situación de vulnerabilidade (16.909 euros).

Relacionadas

A Xunta inviste preto de 120.000 euros na mellora de áreas cortalume e de...

0
As actuacións do distrito forestal XIX Caldas-O Salnés céntranse en preto de 50 hectáreas dos concellos de Pontevedra, Barro, Meis e Poio, así como...

0
A XUNTA REMATA AS ACTUACIÓNS DE CONSERVACIÓN E LIMPEZA NOS TREITOS INTERURBANOS DE DOUS RÍOS NO CONCELLO DE BUEU ― Os traballos realizáronse na parroquia...

Os propietarios de vivendas e edificios xa poden optar ás axudas da Xunta de...

0
— Desde hoxe tamén se poden pedir subvencións dun máximo de 3.500 € para elaborar o chamado libro do edificio e de ata 30.000...

A Xunta instala un punto informativo de Sogama no Campus de Santiago para concienciar...

0
— Durante toda a mañá e ata as 18,30 horas, dous monitores resolverán as dúbidas dos participantes e aproveitarán as consultas que lles trasladen...

As Illas Atlánticas será un dos tres parques nacionais que acollerá a iniciativa económica...

0
— Este proxecto, no que tamén participan Doñana e Monfragüe, consiste na formación, apoio e inserción laboral de persoas desempregadas co fin de ofrecerlles...

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de tres ríos...

0
― Augas de Galicia leva a cabo estas actuacións nos ríos Pexegueiro, Fondón e Chapela ― Os traballos enmárcanse nas actuacións de mantemento que se...

Publicacións Relacionadas