Home Pontevedra O Salnés Conde ve en "Ofeitoman" unha oportunidade para impulsar desde Sanxenxo a comercialización...

Conde ve en “Ofeitoman” unha oportunidade para impulsar desde Sanxenxo a comercialización da marca Artesanía de Galicia

- Anuncio -
  • A feira está organizada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio da Xunta e do Concello de Sanxenxo, onde recala por primeira vez para converterse nun dos grandes atractivos turísticos deste municipio na tempada estival

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, salientou hoxe que a feira de artesanía Ofeitoaman é unha oportunidade para impulsar a comercialización da marca Artesanía de Galicia desde un dos principais destinos turísticos na Comunidade, que é Sanxenxo (Pontevedra).

Ofeitoaman está organizada pola Asociación Galega de Artesáns co apoio da Xunta e do Concello de Sanxenxo, onde recala por primeira vez para converterse nun dos grandes atractivos turísticos deste municipio na tempada estival. Unha boa ocasión, dixo, para que o público poida valorar o esforzo que fai o sector por adaptarse ás novas tendencias.

Das 36 empresas que participan nesta feira en Portonovo, 21 son galegas e, delas, 19 son obradoiros rexistrados na marca Artesanía de Galicia. Ademais, están representados un total de 17 oficios. Nese sentido, o obxectivo é que resulte un éxito de vendas para os profesionais que participan, e un incentivo para que en próximas edicións se vaian sumando máis obradoiros coa marca Artesanía de Galicia, que teñen nesta feira unha moi boa plataforma de comercialización.

Conde apuntou que baixo este distintivo están rexistrados actualmente 789 obradoiros, un 83% máis que hai dez anos. E, ao respecto, amosouse convencido de que a futura Lei de Artesanía de Galicia que está a tramitar a Xunta permita dar resposta aos novos retos que afronta o sector, vinculados á profesionalización, o relevo xeracional e a innovación.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Rueda destaca o patrimonio cultural, a paisaxe e a gastronomía como principais atractivos turísticos...

0
― Resalta que cómpre “coidar e facer sostibles” os elementos que identifican á comunidade porque o turismo “é unha parte moi importante da economía”...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas