O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe xunto á delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, ao partido no estadio da Malata entre o Racing Club Ferrol e o Real Club Celta de Vigo “B”. Coa súa victoria, o equipo ferrolán pechou como líder a clasificación da Primeira RFEF, o que lle permitiu acadar o ascenso directo á Segunda División. Outros dous equipos galegos -o Celta B e o Real Club Deportivo da Coruña- clasificáronse para a fase de ascenso.