Home Xunta de Galicia Diego Calvo coñece as melloras de habitabilidade nos núcleos de vivendas de...

Diego Calvo coñece as melloras de habitabilidade nos núcleos de vivendas de San Pedro de Macorís de República Dominicana que a Xunta apoio nos últimos anos con máis de 804.600€

- Anuncio -

— O vicepresidente segundo visitou os “bateyes” de La Balsa e La Cubana nos que, xunto co de Olivares, as ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz e AGARESO traballaron nos últimos anos para ofrecer vivendas dignas e avanzar na defensa dos dereitos humanos dos seus máis de 1.300 habitantes

— Lembrou o compromiso da Xunta neste ámbito ao incrementar nos orzamentos de 2023 a contía do Plan Anual da Cooperación Galega nun millón de euros respecto ao exercicio anterior ata acadar case os 9M€

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, comezou hoxe xunto co director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e a subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, a súa viaxe institucional en República Dominicana para coñecer os proxectos de cooperación para o desenvolvemento que a Xunta está a financiar no marco dos distintos Plans Directores da Cooperación Galega.

Na xornada de hoxe, Diego Calvo visitou as iniciativas levadas a cabo polas ONGD galegas Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (AGARESO) en San Pedro de Macorís xunto co seu socio local, o Instituto de Acción Comunitaria (IDACOM), que supuxeron nos últimos anos un investimento de 804.600 euros. En concreto, os bateyes de La Balsa e La Cubana nos que estas ONGD veñen actuando desde 2017 xunto co de Olivares.

No batey de La Balsa mantivo un encontro con promotoras de saúde e dereitos humanos e con representantes do comité de construción visitando ademais dous módulos de vivendas, mentres que no seu percorrido por La Cubana comprobou a diferencia entre as edificacións construídas e as anteriores e reuniuse cun grupo de reporteiros comunitarios. Ademais, na oficina do socio local IDACOM reuniuse con representantes do sistema educativo das escolas dos bateyes e do distrito Escolas de San Pedro.

Nestas tres zonas, nas que residen 1.316 persoas, a colaboración do Goberno galego contribuíu a mellorar as condicións de habitabilidade coa substitución dos barracóns nos que vivían os traballadores das fábricas de azucre por bloques de vivendas e, ao mesmo tempo, reforzar as capacidades dos tres bateyes para a defensa e protección dos dereitos humanos dos seus habitantes.

Nesta liña, as ONGD realizaron actividades informativas e formativas específicas sobre a atención na violencia de xénero e o acompañamento ás vítimas, a igualdade de xénero, o acceso á xustiza ou as consecuencias dos desastres naturais nestas comunidades. Destaca a gravación do documental Garantía de vida, sobre a vulneración dos dereitos sexuais e reprodutivos dominicanos, que se estreou en Galicia e en Santo Domingo o ano pasado e que está a percorrer festivais audiovisuais internacionais.

O vicepresidente segundo puxo en valor o compromiso da Xunta co sector galego de cooperación ao desenvolvemento como se demostra co incremento en máis dun millón -un 14% máis- no orzamento do Plan Anual da Cooperación Galega de 2023 ata acadar os 9 millóns de euros. Ademais, o Goberno galego está a traballar tamén no deseño do V Plan Director da Cooperación Galega que definirá as actuacións e fondos neste eido ata 2026.

Relacionadas

Rueda aposta por unha “colaboración institucional sincera” para construír a Galicia do futuro...

0
— Defende crear un clima favorable para os proxectos empresariais e industrias, así como impulsar as enerxías verdes — Aposta polo rigor sinalando “que non...

A Xunta pon en valor o aval do Tribunal Constitucional á Lei do litoral...

0
― A sentencia do TC referenda as plenas competencias que ten a Comunidade para xestionar o seu litoral sen necesidade de reformar o Estatuto...

A Xunta defende a utilidade pública do deporte como fonte de saúde e benestar

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou esta tarde no III Foro Económico Español ‘A Galicia que vén’, celebrado na Coruña,...

Máis de 100 establecementos participan na ‘Primaveira de Portas Abertas’ nas Rutas dos Viños,...

0
— Participan 69 adegas, 13 restaurantes e 21 aloxamentos nos territorios vitivinícolas — Están programadas máis de 60 actividades como catas a cegas ou con...

A Semana Santa consolida a crecente mellora da rendibilidade hoteleira, que medrou un 15%...

0
Ademais, Galicia medrou por riba da media na súa demanda turística ese mes O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos...

A Xunta Reúnese Cos Axentes Sociais e Económicos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para...

0
— Foi a primeira reunión técnica deste grupo de traballo, que entregará o traballo aos gobernos de España e Portugal antes do próximo Cumio...

Publicacións Relacionadas