Home Xunta de Galicia Diego Calvo destaca a importancia do fútbol base como práctica deportiva entre...

Diego Calvo destaca a importancia do fútbol base como práctica deportiva entre a rapazada

- Anuncio -

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu hoxe ao encontro entre os equipos cadetes e xuvenís dos clubs Galicia Caranza de Ferrol e Imperátor da Coruña

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe aos partidos de fútbol entre os equipos cadetes e xuvenís dos clubs Galicia Caranza, de Ferrol, e Imperátor, da Coruña. Antes do encontro, Diego Calvo, coñeceu as instalacións do club ferrolá da man do seu presidente, Enrique Soto.

Diego Calvo destacou a importancia do fútbol base en Galicia, como demostran as longas traxectorias dos dous clubs protagonistas. Nesta liña, o vicepresidente incidiu tamén na súa relevancia tanto como práctica deportiva entre a rapazada como polo seu aspecto formativo para a práctica profesional.

Cómpre sinalar que a Xunta apoia o deporte base con iniciativas como o programa Xogade, que abrangue toda a oferta deportiva en idade escolar promovida polo Goberno galego e cuxa nova convocatoria se publicou esta semana no Diario Oficial de Galicia.

A maiores, as federacións e clubs contan coas axudas á dotación de equipamento e de apoio á actividade, que ascenden este ano a 2,7 millóns de euros. No caso do Club Galicia Caranza, a Xunta achegou nos últimos anos contías que suman máis de 40.000 euros.

Relacionadas

A Xunta investirá máis de 7,5 millóns de euros na retirada dos residuos da...

0
— Ángeles Vázquez explicou que as actuacións previas comezarán a próxima semana e que as obras de escavación e extracción do material para o...

Román Rodríguez anuncia que o alumnado do Instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras...

0
— Salienta a envergadura da obra neste edificio histórico que cualifica como “unha das catedrais educativas que temos en Galicia” cun investimento de 4,7M€ —...

José López destaca a “implicación e iniciativa” dos correspondentes xuvenís e avanza novas accións...

0
— O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita os mozos e mozas deste programa autonómico de transmisión da información xuvenil, que esta fin...

A Xunta participa na celebración do Día da Amizada organizada pola Asociación Provincial de...

0
A secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez, asistiu hoxe ao Día da Amizade que cada ano celebra a Asociación Provincial...

Rueda destaca o labor dos empresarios xoves polo crecemento económico de Galicia

0
― Manifesta a súa confianza polo futuro económico de Galicia ― Eloxia á mocidade que se animan a emprender na comunidade ― Mostra o compromiso da...

Rueda destaca que a Xunta lanzará nunhas semanas a orde de axudas para cubrir...

0
― Anima a cidadanía a adoptar porque estes animais “merecen unha segunda vida” e porque unha Galicia “con máis mascotas será unha Galicia mellor” ―...

Publicacións Relacionadas