HomeXunta de GaliciaDiego Calvo participa na entrega de premios da XXIII Volta Ciclista a...

Diego Calvo participa na entrega de premios da XXIII Volta Ciclista a Galicia

- Anuncio -spot_img

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe na entrega de premios da XXIII Volta Ciclista a Galicia, que pechou a súa derradeira etapa en Ferrol, tras percorrer máis de 400 quilómetros polas provincias de Pontevedra, Lugo e A Coruña desde o pasado xoves. Diego Calvo entregoulle o trofeo ao gañador final da proba, o ucraíno Maksym Bilyi, do Equipo Cortizo, así como ao ciclista Samuel Blanco, recentemente retirado e que foi o homenaxeado nesta edición da Volta.

Previamente, o conselleiro de Deportes seguiu o desenvolvemento do último tramo da etapa, con inicio e meta en Ferrol. O pelotón con máis dun cento de deportistas de 17 equipos, oito deles galegos, fixo un percorrido de 135 quilómetros que incluíu tamén os concellos de Narón, Fene, Neda, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Cedeira e Valdoviño .

Publicacións Relacionadas