Diego Calvo pon en valor o nivel do boxeo galego e o traballo da Federación Galega

adminON
Lectura mínima de 1

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes participou na entrega de material de boxeo ao ximnasio Figh Factory, no marco do equipamento adquirido pola federación para dotar de recursos aos clubs

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participaron xunto co presidente da Federación Galega de Boxeo, Manuel Planas, na entrega de material deportivo -un cento de cascos de competición e medio cento de adestramento- ao ximnasio Figh Factory, situado no polígono coruñés da Grela. A entrega enmárcase na dotación de equipamento por parte da federación aos clubs.

Na recepción, Diego Calvo puxo en valor o excelente nivel do boxeo galego, agradecendo o traballo da Federación Galega de Boxeo e do seu presidente, Manuel Planas, tamén campión mundial e europeo de kick boxing.

Nesta liña, o conselleiro incidiu no apoio da Xunta a este deporte cunha achega de máis de 107.400 euros este ano, incluíndo tamén a contía de 40.000 euros do convenio coa federación, do que destaca o apoio á formación de técnicos de boxeo adaptado.

Comparte este artigo