HomePontevedraPonte CaldelasDiego Calvo recibe ao deportista Gustavo Dacal á súa chegada a Galicia...

Diego Calvo recibe ao deportista Gustavo Dacal á súa chegada a Galicia para continuar a súa recuperación

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu esta mañá no aeroporto de Alvedro ao deportista Gustavo Dacal. O lanzador de xavelina de Ponte Caldelas e 10 veces campión de España desta disciplina contaxiouse de dengue en México e voltou hoxe a Galicia para poder ser tratado na unidade de lesionados medulares do Complexo Hospitalario da Coruña (Chuac). A Xunta fíxose cargo do custo do traslado e tamén cedeu o mes pasado as instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra para acoller o control solidario co que recadar fondos para o seu tratamento.

Publicacións Relacionadas